Skip to Content

PACO PIÑEIRO

Hoxe, o noso veciño natural de Mondoñedo fíxonos unha visita ao cole. Él é Paco Piñeiro e quixemos invitalo este ano como principal autor para festexar as Letras Galegas 2019.

Nas primeiras horas da mañá o noso alumnado, repartido por niveis (Infantil por un lado, 1º e 2ºEP, 3º e 4º EP e finalmente 5º e 6º EP), desfrutaron dunha representación teatral da man de Paco máis a súa dona Paz. Realmente estivo moi ben, xa que aos nenos/as lles gustou moito e a obra estaba adaptada ás demandas do público. 

E, para rematar a xornada reuníunos a todo o centro para contarnos un pouquiño a súa vida e poder facerlle algunha que outra preguntiña. 

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-solaina-de-veran-25-07-2011

(neste enlace a partir do minuto 12:24)

 

https://www.youtube.com/watch?v=QvfvbyRNdNA

 

Moitas grazas Paco e Paz por visitarnos e por agasallarnos con varios libros que xa están nun recuncho da nosa biblioteca.

 

 



blog | by Dr. Radut