Skip to Content

As novas do CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora

ABERTO O PRAZO PARA ADMISIÓN COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024/2025

A partir do día 25 de xuño ábrese o prazo para inscribirse como colaborador/a do comedor escolar para o vindeiro curso 2024/2025, aqueles interesados poden pasarse pola secretaría do centro para anotarse.

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 24/25

 

Saiu publicada a Instrucción 1/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025.

Poden ver aqui un pequeno resumo.

I FEIRA DE CIENCIA PARA FAMILIAS

¡Xornadas de Portas Abertas de Ciencia Divertida para toda a familia!

 

Únete a nós o venres 14 de Xuño na biblioteca do centro para unha tarde emocionante de ciencia, experimentos e diversión para toda a familia. Descubre o fascinante mundo da ciencia!

Ademáis tamén poderás coñecer de primeira man os traballos que realizaron os alumnos ao longo do curso na Biblioteca Escolar Biblio Merliño!

 

Detalles: 

 

Data: 14 de Xuño

Hora: de 16:00 a 17:30

Lugar: Biblioteca do CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora

 

¡Non faltedes! 

 

FONDO LIBROS

Mañá, 21 de maio abre o prazo para solicitar axuda para adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2024/2025.

Información do centro, no seguinte enlace.

As solicitudes poden preseentalas no centro cubrindo os ANEXO I E II ou vía telemática no seguinte enlace.

 https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Para máis información consulta o DOGA do 20 de maio.

IOGA

Estamos de volta cunha nova actividade do Plan Proxecta: Móvete +.

O vindeiro luns 15 de abril comezamos as nosas clases de Ioga!

Que mellor forma de exercitar o noso corpo e a tranquilidade interior que a través desta disciplina?

Exploraremos movementos divertidos, exercicios de respiración, técnicas de relaxación e moito máis!

CARTEIS FESTA DÍA DA ÁRBORE

Parabén aos nosos alumnos Mario, Olivia e Daniela polos cartéis tan fermosos do Día da Árbore

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut