Skip to Content

Taboleiro

"O SAMAÍN 2018"

No CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO MORA quixemos celebrar o Samaín coa decoración do centro e cun concurso de cabazas. Tivemos moita afluencia, polo que participou a meirande parte do noso alumnado. A través deste vídeo mostrase a decoración e a multitude de cabazas.

 https://www.youtube.com/watch?v=42--XN4mgik

PLANETARIO CIENCIA KIDS - FULLDOME SPACE

 

O periódico “El Progreso” de hoxe fai eco da actividade do planetario que os nenos e nenas do CEIP Álvaro Cunqueiro desfrutaron o Luns 22 de outubro.

No ximnasio do centro instalamos o planetario inchable e por cursos visualizamos as diferentes proxeccións que nos ofrecían.

  • E. Infantil: “Topos, ¿que hay ahí fuera?
  • 1º e 2º de E. Primaria: “Topos, Platón el explorador”
  •  3º e 4º de E. Primaria: “Polaris, el submarino espacial”
  • 5º e 6º de E. Primaria: ”Polaris, el misterio de la noche polar”

 

 

Contacontos "Os experimentos científicos"

O venres 19 de outubro tivemos no CEIP Álvaro Cunqueiro unha sesión de contacontos “Experimentos científicos” por parte da editorial SM.

Na historia que nos contaba, a súa protagonista era a científica “Paquita Dinamita” que viaxaba a unha conferencia de científicos aos Estados Juntitos de América. Durante a viaxe chega a nunha illa deserta, na cal debía atopar artimañas para poder comer e comunicarse.

Así é cando comezan unha serie de experimentos, todos eles adaptados aos diferentes niveis.

Moitas grazas á editorial SM e a “Paquita Dinamita” por facernos gozar dunha actividade diferente.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut