Skip to Content

Taboleiro

Admisión de alumnado: curso 2019/2020 até o 20 de marzo

Recordamos que o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de a

8 de marzo. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

O xoves día 14 de marzo conmemoramos o día da muller traballadora coa visita de Esther Otero.

Trátase dunha muller da nosa vila de avanzada idade que veu a contar como foi a súa infancia fai máis de 80 anos. Os temas tratados nesta charla foron moi amplos; dende a educación, sanidade, vida familiar... ata temas laborais facendo fincapé no papel que exercía a muller. 

Está claro que as diferenzas coa actualidade son abismais, a pesar diso, debemos seguir dando pasos para conseguir unha plena igualdade entre homes e mulleres.

Moitas grazas a Esther polas vivenzas transmitidas ao noso alumnado.

O entroido no noso cole

O venres 1 de marzo festexamos o entroido no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora con moita festa; desfilamos, bailamos, cantamos e comemos un cocido acompañado dunha sobremesa con filloas e orellas.  

Mandadiño para venres

PARA VENRES 1: E PARA A SEMANA REMATAR, CO TEU DISFRAZ TES QUE CHEGAR!!!

Mandadiño para o xoves

Mandadiño para o mércores

Mandadiño para o martes

LEMBRADE:

  • COMEZAMOS O LUNS 25 DE FEBREIRO
  • AS PRENDAS NON SON ACUMULATIVAS
  • ISTO É VOLUNTARIO PERO CANTOS MÁIS SEXAMOS MÁIS MOLAMOS!

PARA O MARTES 26: ÉRGUETE CEDO, SALTA DA CAMA E VENTE AO COLEXIO SEN QUITAR O PIXAMA!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut