Skip to Content

Taboleiro

15 de maio, DÍA DA FAMILIA

O día 15 de maio no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora celebramos o DÍA DA FAMILIA !!! 

Dende o ano 1994, promulgado pola ONU festexamos este día.

Consideramos que é importante concienciar ao noso alumnado que na actualidade existe moita diversidade nas familias, todas elas ÚNICAS e IRREMPLAZABLES!!!

(Porta do alumnado de 1º de EP)

 

PACO PIÑEIRO

Hoxe, o noso veciño natural de Mondoñedo fíxonos unha visita ao cole. Él é Paco Piñeiro e quixemos invitalo este ano como principal autor para festexar as Letras Galegas 2019.

Nas primeiras horas da mañá o noso alumnado, repartido por niveis (Infantil por un lado, 1º e 2ºEP, 3º e 4º EP e finalmente 5º e 6º EP), desfrutaron dunha representación teatral da man de Paco máis a súa dona Paz. Realmente estivo moi ben, xa que aos nenos/as lles gustou moito e a obra estaba adaptada ás demandas do público. 

E, para rematar a xornada reuníunos a todo o centro para contarnos un pouquiño a súa vida e poder facerlle algunha que outra preguntiña. 

EXCURSIÓN EDUCACIÓN INFANTIL 2019

Os nenos e nenas de Educación Infantil acompañados das súas mestras desfrutaron dunha marabillosa excursión visitando o Parque Zoolóxico de Marcelle.

Alí, acompañados de monitores/as coñeceron moitos animais e ata entraron na reserva ver os lobos. Tamén poideron xogar e descansar un pouquiño. 

Segundo o que nos contan PASARONO XENIAL!!!

LIBRO VIAXEIRO- SEMANA DO LIBRO

Durante a semana do libro celebrada nos centros educativos dende o 23 ao 26 de abril no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora elaboramos o libro viaxeiro de Merliño. 

Apadriñamento lector

Hoxe, día 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO. 

O equipo de biblioteca do noso colexio organizou un apadriñamento lector. Desta maneira os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º leeron un conto aos máis pequechiños de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria e estes agasallaronnos cun marcapaxinas decorado por eles. 

Grazas aos lectores, aos oíntes e aos mestres e mestras por particpar.

 

XINCANA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil gozaron o venres dunha xincana final de trimestre. 

Agrupáronse os tres niveis e por equipos con temática de animais (cabalos, abellas, xoaniñas, polvos, vacas...) coas indicacións das mestras foron atopando os ovos agochados polo noso recinto para finalmente levarse un agasallo final que lles gustou moito moito !!!

DENDE O CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO MORA DESEXAMOS UNHAS BOAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA.

 

Voltamos o  martes 23 de abril de 2019

Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e no seu Entorno.

 Ao longo desta semana recibimos as charlas informativas/formativas do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e no seu Entorno para o noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. 

Os nenos e nenas de 5º trataron as Novas Tecnoloxías e os/as de 6º acerca do Acoso Escolar.

 

Dende o centro agradecemos á parella de Gardas Civís que levaron a cabo as nosas xornadas así como á implicación e importancia que dende a Consellería se lle da a estes temas tan relevantes hogano no ámbito educativo.

VISITA DO MONDOÑEDO FC

Hoxe recibimos a visita do equipo de fútbol do noso pobo MONDOÑEDO FC, acudiron parte da directiva, o adestrador e varios xogadores.

Unha charla moi amena onde animaron a todos os nenos e nenas a facer deporte. Comezaron falando das orixes e implicacíón do equipo directivo e dos xogadores para logo continuar coa rolda de preguntas por parte do alumnado, a cal tivo moito éxito.

Tamén nos agasallaron con un póster do equipo desta tempada e unha chapa co escudo.

Distribuir contido


by Dr. Radut