Pódese solicitar a BECA para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.
Para acceder a toda a información da tramitación preme na seguinte ligazón:
O servizo de cobertura SIR evita ás familias afrontar o custo da reparación dos equipo en caso de danos accidentais.Do 1/09 ao 31/08 de cada ano o equipo estará protexido contra roturas.
Listaxe de libros de texto para o curso 2023/24. Preme no adxunto
Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia - 21/04/2022
O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada.
Estimadas familias:
O día 8 de Abril celebraremos no centro un Mercado de Primavera seguindo os mandados do Proxecto
"Covasmola" que estamos a traballar no centro.
Nesta entrada tedes como adxunto o menú saudable do colexio.
Ademais, tedes un genially con recomendacións para comer saudable. Ao final tedes un xogo moi divertido.
Estimadas familias:
O profesorado de Educación Infantil mercará cos cartos da cooperativa unhas bolsas de tela co logotipo COVASMOLA. A idea é ser máis sostibles empregando unha bolsa de tela para os traballos e boletíns de notas de cada trimestre.