Ampliación de axudas para adquirir material escolar

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que amplía as axudas para adquirir material escolar para aqueles alumn@s que xa recibiron 50€. Dito alumnado obterá agora outros 25€ sen facer ningún trámite adicional. Poderedes recoller o cheque adicional a partir de hoxe no centro en horario de secretaría ( 11:30h- 12:15h) que deberá empregarse preferentemente na libraría/ establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

PREME AQUÍ PARA VER A NOVA NA PÁXINA DA CONSELLERÍA