Exposición “A memoria do son”

A exposición “a memoria do son” é un proxecto da colección de instrumentos musicais e archivo documental do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo que permite contemplar réplicas dos instrumentos máis populares en Europa dende finais do século XII ata finais do XIII, entre os que se encontran os do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Antes da exposición realizarase unha ruta de peregrinaxe polo Camiño do Mar e que partirá da capela de Santa Ana ( antiguo hospital de peregrinos) polo que o punto de encontro será na antigua cofradía de Celeiro.

Hora e día contemplado para o voso centro: Mércores 20 Abril 10.40

O percorrido  ten unha lonxitude de aprox. 5km ata chegar ao centro Ies María Sarmiento, onde se lles fará entrega dun pasaporte  co selo do Concello de Viveiro polo feito de haber realizado unha etapa da ruta.

https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1u0pBbMMsXPYspbHY1q78z-I11oLP72uG&usp=sharing

A continuación  visionarán unha videograbación sobre o Pórtico da Gloria.

Os minutos restantes poderán realizar o percorrido libre pola exposición. A información sobre o catálogo da exposición (por se os maestros acompañantes queren información previa ) encóntrase no link adxunto a este mail  no código QR que figura no cartaz.

·        

Cada instrumento está colocado nas vitrinas correspondentes con información paralela e código QR que permite escoitar a súa sonoridade a través dos dispositivos móbiles. Non obstante a mellor opción é un mini altavoz que, por Bluetooth, poida reproducir para todo o grupo.

·        

Á entrada da exposición hai un salterio a dispoñibilidade do alumnado. É  o único fora de vitrina. A súa interpretación é moi intuititiva seguindo a figuración debuxada na partitura que está debaixo dar cordas.

Prégase máxima precaución e coidado na exposición e nas entradas ou saídas do centro.