Bolsas Covasmola

Estimadas familias:

O profesorado de Educación Infantil mercará cos cartos da cooperativa unhas bolsas de tela co logotipo COVASMOLA. A idea é ser máis sostibles empregando unha bolsa de tela para os traballos e boletíns de notas de cada trimestre.

As familias con alumnado en Primaria podedes adquirir a bolsa de tela COVASMOLA facendo a vosa reserva na tenda LAG de Viveiro, ubicada na  Av. de Juan Garcia Navia Castrillon Nº 10/12. O seu prezo é de 4´50 euros a unidade.

A data de reserva é dende o luns 22 ao 26 de novembro (ambos inclusive)

Un cordial saúdo

O equipo directivo