SUXERENCIAS PARA O VERÁN

Boas!

Pouco a pouco chegamos ao final de primeiro. Trátase dun final un pouco diferente a como o esparabamos fai uns meses. Sinto non poder darvos unha aperta e desexarvos un bo verán en persoa, pero como sabedes, as circunstancias actuais non nolo permiten. Aproveitarei a entrada do blogue de hoxe para facelo.

Espero que teñades un bo verán cheo de sorrisos e de bos momentos coa familia e amigos. Aproveitade para descansar, ir á praia, xogar, ler, mergullarvos na piscina, soñar, imaxinar, inventar, explorar, experimentar, crear, axudar, compartir e facer todas aquelas cousas que vos gustan. Tédelo máis que merecido tendo en conta o valentes que fóstedes todo este tempo. Por iso, vos envío un trofeo personalizado para cada un de vós. Sodes uns auténticos campións e campioas!

 

Todos estes meses estiven retándovos  a través de retos semanais e agora non podía ser diferente. Propóñovos unha morea de retos divertidos que podedes facer no verán.

 

Ademais, como no verán hai tempo para todo, tamén vos achego unhas suxerencias para que poidades seguir repasando algunhas das cousiñas traballadas este curso. 

 

Unha aperta!!