PLÁSTICA 2º E.P. (Semana do 9 ao 16 de xuño)

Boas!

Que tal estades? Espero que sigades ben!

Como xa estamos a piques de final de curso, esta semana propóñovos a última actividade de plástica.

A tarefa desta semana ten por título Deseña as túas sandalias (Design your own sandals). Premede sobre a imaxe e veredes un vídeo no que se mostran os pasos que debedes seguir para elaboralas.

 

 

A continuación, adxúntovos un documento con imaxes de cada un dos pasos necesarios para chegar ao resultado final.

 

Animádesvos a deseñar as vosas sandalias para ir á praia este verán?

Lembrade que me podedes enviar fotos desta manualidade ou de outras que fagades ao correo comparte.ceipcovas@gmail.com. Poñendo no asunto do correo Plástica 2º E.P.

 

Xa para rematar, gustaríame dicirvos que foi un auténtico pracer ser a vosa mestra de plástica durante este curso. Nunca esquecerei os bos momentos que compartimos xuntos.

Gozade do verán!

Unha aperta!