ACTIVIDADES VARIADAS E RETO (Semana do 2 ao 9 de xuño)

 

Boas!

Como cada semana, propóñovos as actividades de cada unha das áreas, así como tamén, o reto Nº12.

 

 

Ademais, tamén vos proporciono un debuxo para que poidades seguir facendo o rexistro das emocións deste mes. 

 

 

E xa para rematar, que vos parece se facemos outra videoconferencia? Animádesvos?   

 

Encantaríame que me ensinárades cales son os vosos xogos ou xoguetes preferidos  e tamén que me contárades se xa fóstedes á praia, se fixéstedes algo novo estes días ou cales van ser os vosos plans para o verán.

De seguido, coméntovos como imos facer esa videoconferencia:

A videoconferencia realizarémola o xoves (4 de xuño) ás 12:00 horas a través da aplicación Cisco Webex Meetings. Empregaremos esta aplicación e non outra, posto que é unha ferramenta segura que nos proporciona a Consellería de Educación para estes casos.

Para acceder á nosa videoconferencia pediravos un número de reunión e unha contrasinal. Esta información, faréivola chegar o día da reunión, a través de Abalar Móbil.

 

A continuación, achégovos un video titorial da aplicación que recomendo que vexades (premer sobre a imaxe). Ademais, comentaravos os pasos a seguir se facedes a videoconferencia empregando o ordenador.

Se preferides utilizar un dispositivo Android ou IOS (tableta, teléfono móbil...) adxúntovos unhas instrucións de como facelo paso a paso.

Se non podedes asistir á videoconferencia, non vos preocupedes!!

Lembrade que me podedes enviar actividades, fotos, dúbidas ou calquera outra cousa que queirades ao correo aulaprimeirocovas@gmail.com.

 

Unha aperta

 

AdxuntoTamaño
INSTRUCIÓNS VIDEOCONFERENCIA PARA DISPOSITIVOS ANDROID OU IOS.pdf208.32 KB