Radio na Biblio

O noso centro foi seleccionado xunto con outros 29 (o CEIP de Celeiro foi un dos seleccionados) para integrarse no programa "Radio na biblio".


Este programa está dirixido a estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca escolar cara a centros creativos de aprendizaxes promovendo a creación de emisoras/laboratorios de radio co fin de potenciar e favorecer proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo do alumnado e profesorado.

 

Este martes o alumnado de 5º de primaria, así como todo o profesorado do centro, recibiron a formación precisa para iniciar e poñer en marcha o proxecto. Segue todas as novidades no blog da biblio e no noso facebook.

www. covastk.blogspot.com

www.facebook.com/ceipcovas/