Artigo 129 da Lei Orgánica de Educación.
Competencias.
O claustro de profesores terá as seguintes competencias:
a) Formular ao equipo directivo e ao consello escolar propostas para a elaboración dos proxectos do centro e da programación xeral anual.
b) Aprobar e avaliar a concreción do currículo e todos os aspectos educativos dos proxectos e da programación xeral anual.
c) Fixar os criterios referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos.
d) Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro.
e) Elixir os seus representantes no consello escolar do centro e participar na selección do director nos termos establecidos por esta lei.
f) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.
g) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internase externas en que participe o centro.
h) Emitir informe sobre as normas de organización e funcionamento do centro.
i) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar por que estas se ateñan á normativa vixente.
j) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro.
k) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa ou polas respectivas normas de organización e funcionamento