Consello Escolar

 

CONSELLO ESCOLAR

Composición

EQUIPO DIRECTIVO:

  • Director: Basilio Seijas Franco
  • Xefa de Estudos: Marta Rodríguez Pérez
  • Secretario: brais Cereijo Ferreiro

REPRESENTANTES DO PROFESORADO:

  • Raquel Trasancos Soto
  • Mª Socorro Giz García
  • Tania González Lage
  • Mª Mar Arteaga Vázquez
  • Ruth Fernández Gradaille

REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS:

  • Rocío Sierra Alemparte
  • Fernando Barreiro Martínez
  • Diego Rodríguez Martínez
  • Irene Pardo López
  • Cristina Lestegás Peres (ANPA)

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

  • Leticia Arca Liz

REPRESENTANTE DO CONCELLO:

  • Iria Cotelo Cociña

 

Artigo 127 da Lei Orgánica da Educación.

Competencias do consello escolar.

O consello escolar do centro terá as seguintes competencias:

a) Aprobar e avaliar os proxectos e as normas a que se refire o capítulo II do título V desta lei.

b) Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro sen prexuízo das competencias do claustro de profesores, en relación coa planificación e organización docente.

c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d) Participar na selección do director do centro nos termos que esta lei establece. Ser informado do nomeamento e do cesamento dos demais membros do equipo directivo. De ser o caso, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director.

e) Decidir sobre a admisión de alumnos con suxeición ao establecido nesta lei e disposicións que a desenvolvan.

f) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o consello escolar, por instancia de pais ou titores, poderá revisar a decisión

adoptada e propoñer, de ser o caso, as medidas oportunas.

g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

h) Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co establecido no artigo 122.3.

i) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro.

k) Elaborar propostas e informes, por iniciativa propia ou por petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa súa calidade.

l) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.

AdxuntoTamaño
loe_galego.pdf899.45 KB