Activid. complementarias

COORDINADORA: Mª Dolores Gonzélez Fernández

Dependendo da actividade, as coordinacións levaranse a cabo co profesorado implicado.

FUNCIÓNS: (Reguladas polo Decreto 374/1996)

O xefe do quipo de actividades complementarias e extraescolares terá, entre outras, as seguintes funcións:

        a) Elabora-lo programa anual destas actividades para o que se terán en conta as propostas dos equipos de ciclo, dos profesores e dos pais e as orientacións do claustro e comisión de coordinación pedagóxica.

        b) Programar cada unha das actividades especificando obxectivos, responsables, momento e lugar de realización, repercusións económicas e forma de participación do alumnado.

        c) Proporcionarlles ós alumnos e ós pais a información relativa ás actividades do equipo.

        d) Promover e coordina-las actividades culturais e deportivas en colaboración co claustro, a comisión de coordinación pedagóxica, os equipos de ciclo e a asociación de pais.

        e) Coordina-la organización dos intercambios escolares e calquera tipo de viaxes que se realicen cos alumnos.

        f) Distribuí-los recursos económicos destinados para o efecto, procedentes de achegas de institucións, asociacións ou do propio centro, logo de aprobación polo consello escolar.

        g) Organiza-la utilización da biblioteca do centro.

        h) Elaborar unha memoria final de curso coa avaliación das actividades realizadas que se incluirá na memoria de centro.

        i) Presentar propostas ó equipo directivo para a realización e intercambio de actividades cos centros do seu contorno.