EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DAS TIC

 COMPOSICIÓN:

 Coordinadora: Leyla Mª López Seijido

 Membros:

 - Vanesa Manteiga Armada

 - Celia Chao Escourido

 - Basilio Seijas Franco

 - Olga Salgueiro Louzao

 - Brais Cereijo Ferreiro

 

 As reunións levaranse a cabo o segundo martes de cada mes.

 

 FUNCIÓNS: (Segundo a Orde do 17 de xullo de 2007).

En colaboración co profesorado de apoio, serán as seguintes: 

1. Dinamizar e impulsar o uso das TIC do centro.

2. Mantemento cotián dos equipamentos informáticos do centro, constituíndo o primeiro nivel de soporte destes, contando co apoio, nesta tarefa, do asesor ou asesora TIC da zona, sempre que as circunstancias así o requiran.

3. Dar soporte, no uso didáctico, do equipamento informático do centro, ao resto do claustro, contando co apoio, nesta tarefa, do asesor ou asesora TIC da zona, sempre que as circunstancias así o requiran.

4. Elaborará, por requirimento do equipo directivo e das liñas directrices da Comisión de Coordinación Pedagóxica, o proxecto TIC e a organización e xestión dos medios e recursos tecnolóxicos do centro.

5. Asesorar, de ser o caso, no mantemento do sitio web do centro. 

6. Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza na súa normativa específica.