EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA:

 

COORDINADORA: Ruth Fernández Gradaille

MEMBROS:

 

- Mª Dolores González Fernández

- Raquel Trasancos Soto

- Rosalía Currás Díaz

- Jose Vázquez Couce

 

 

As reunións levaranse a cabo o terceiro luns de cada mes.

 

FUNCIÓNS: (Reguladas polo Decreto 374/1996)

É competencia do equipo de normalización lingüística:

1. Presentar, a través do claustro, propostas ó equipo directivo para a fixación dos obxectivos de normalización lingüística que se incluirán no proxecto educativo de centro.

2. Propoñer á comisión de coordinación pedagóxica, para a súa inclusión no proxecto curricular, o plan xeral para o uso do idioma, no cal se deberá especificar, cando menos:

a) Medidas para potencia-lo uso da lingua galega nas actividades do centro.
b) Proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellora-la competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.

3. Propoñerlle á comisión de coordinación pedagóxica, para a súa inclusión no proxecto curricular, o plan específico para potencia-la presencia da realidade galega, cultura, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, literatura, arte, folclore, etc. no ensino.

4. Elaborar e dinamizar un plan anual de actividades tendentes á consecución dos obxectivos incluídos nos plans anteriores.

5. Presentar para a súa aprobación no consello escolar o orzamento de investimento dos recursos económicos dispoñibles para estes fins.

 6. Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria prevexa na súa normativa específica.