1º Educación Primaria

EDUCACIÓN FÍSICA 1º (Do 21 ao 28 de abril)

 

Temos novidades.

A partir de agora as propostas de educación física estarán no blog.

Para entrar só tedes que premer no seguinte enlace

 

 

MÚSICA 1° (do 21 de abril ao 4 de maio)

Ola chic@s:

Achégovos un Xogo Rítmico para que practiquedes estes días. Tedes todo o material e a información no blogue de música premendo no seguinte enlace ...

Divertídevos moito!!!!!

ACTIVIDADES VARIADAS

Boas familias!

Envíovos as actividades desta semana. Trátanse de tarefas variadas para traballar contidos curriculares dalgunhas das áreas.

Lembrade que me podedes enviar estas actividades e outras que fagades ao correo aulaprimeirocovas@gmail.com para que lles poida botar unha ollada, correxir ou resolver dúbidas. 

 

RETO Nº 6

Boas familias!

Coma todos os martes, hoxe tócanos un novo reto.

O reto de hoxe chámase OS ZAPATOS REVOLTOS e serviranos para traballar algúns contidos matemáticos. Este reto foi extraído de Aulas Galegas , unha páxina que presenta actividades moi interesantes para todos os niveis. 

LECTURAS

Boas familias!

Unha das rutinas que debe ter o alumnado debe ser a lectura. É importante que lle dediquen un tempo diario.

Por iso vos deixo diferentes propostas, dende fichas de comprensión lectora ata libros tanto en galego como en castelán. Tamén, vos mostro dous enlaces onde podedes atopar máis libros nas dúas linguas adaptados á súa idade.

RETOS PARA VALENTES

 

Queridos alumn@s de primeiro:

Escríbovos esta mensaxe porque necesito a vosa axuda para unha nova misión.

CIENCIAS SOCIAIS

Boas familias!

A continuación, adxúntovos as actividades de Ciencias Sociais das semanas anteriores.

Relixión 1º Ed. primaria

Ola!!!!!!!!!!

Como estades?

A continuación, tedes as ligazóns duns vídeos. 

Cancións: https://sites.google.com/site/religionlasantacruz/home/canciones

Película, DOS PAVOS EN APUROS: https://www.youtube.com/watch?v=GnF75UR7D9c

XOGAR TAMÉN É IMPORTANTE

Boas familias,

Durante este período de confinamento é importante que o alumnado dedique unha parte do seu tempo á realización de tarefas escolares, pero non esquezades que tamén deben xogar. Envíovos un xogo de preguntas e respostas que vos servirá para xogar nos tempos de lecer en familia. Será divertido! Animádevos!

DITADOS VISUAIS

Boas familias,

Un dos mellores xeitos de practicar a escritura é mediante a realización de ditados. A continuación, proporciónovos varias fichas para que o alumnado poida escribir palabras. Trátanse de ditados visuais, nos que o alumno/a terá que observar a imaxe e escribir a palabra correspondente en castelán.

 

Distribuir contido