ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

CONVOCATORIA

De acordo coa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, (DOG de 30 de setembro), da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a tres pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar deste Centro. Outro representante de pais/nais é proposto pola ANPA do centro. O outro representante está nestes momentos nomeado ata 2024.

1.1. Os/as 3 candidatos/as con máis votos serán nomeados por un período de 4 anos (ata 2026).

1.2. Os restantes candidatos, ordenados por número de votos, formarán unha lista para posibles sustitucións en caso de que algún membro causase baixa no Consello.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que desde o día 3 de novembro estará exposto no taboleiro de anuncios e tamén poderá ser consultado telefónicamente (988 78 30 60). As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 h do día 10 de novembro de 2022.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio.As candidaturas poderán ser presentadas dende o día 3 ata o día 10 de novembro de 2022 na secretaría do centro en horario de 9:00 h. a 14:00 h.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 17 de novembro, ás 11:30 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 18 ao 27 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento do centro. O día 28 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- As votacións realizaranse neste Colexio, no edificio situado en Rampa de Sas, o día 29 de novembro de 2022, de 09:00 h a 16:30 h. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 08:50 h.

7.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de dous nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

8.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.

9.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

Todas as novas referidas ao proceso electoral serán publicadas na páxina web do centro

Ourense, 2 de novembro de 2022

A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,

María Pérez Laso

Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930