LISTAS DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO

A listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario e a do alumnado excluído está nos seguintes arquivos adxuntos.

                           

 

NOTA IMPORTANTE.  COMO TEMOS LIBROS DO CURSO ANTERIOR E ALGÚNS MÁIS QUE DEIXARON AS FAMILIAS. O ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA  NON TERÁ QUE COMPRAR NINGÚN LIBRO, SALVO AQUELAS FAMILIAS CON FILLOS/AS QUE PASAN PARA 4º E NON  DEIXARON OS LIBROS DE 3º.

(En terceiro temos os libros moi xustos pois este curso é máis numeroso que o do curso pasado)

RESUMINDO:

 SÓ COMPRARÁN LIBROS O ALUMNADO DE 1º E 2º PRIMARIA.

INFANTIL:  ...........................Non compran libros e a listaxe de material darase en setembro.

1º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material.

2º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material.

3º PRIMARIA: ...................................................................  Non compran libros e compran material.

4º PRIMARIA: ...................................................................  Non compran libros e compran material.

5º PRIMARIA:   Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material.

Atención: comprarán  o Activity book de inglés e o caderno de plástica bilingüe que figuran na listaxe de libros de texto (Ollo que o caderno de plástica bilingüe é o de sexto porque está previsto que o utilicen este curso e o seguinte)

6º PRIMARIA:   Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material.

Atención: comprarán  o Activity book de inglés e o caderno de plástica bilingüe que figura na listaxe de libros de texto.

 IMPORTANTE:  Vale o material en bo estado do curso anterior.

 

 

 

 

LISTAS PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO

LISTADO PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO

(3º e 4º de primaria)

O listado provisional do alumnado NON ADMITIDO no fondo solidario, encóntrase no arquivo adxunto.Todas as demais solicitudes están admitidas.

O día 11 de xullo publicaremos o listado definitivo, no que constarán os libros adxudicados a cada un.

 PRAZO DE RECLAMACIÓN PARA OS NON ADMITIDOS Os días 7 e 8 de xullo.          

 

LISTADO DE MATERIAL ESCOLAR 2016-17

CURSOS DE PRIMARIA:

 

 

                    

 

 

             A relación de material escolar  de  

                infantil darémola en setembro              

 

LIBROS DE TEXTO 2016-2017

            librosemptydeemptytextoempty

MATRÍCULA 2016-2017

Documentación que hai que presentar do 20 ao 30 de xuño para a matrícula do novo alumnado

A documentación pódese descargar ou pedir en secretaría

 

Cubrir anexo III1   

3 Fotos

Fotocopia da tarxeta sanitaria

Fotocopia do libro de vacinas
Folla de autorizacións  

 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS.



FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
 

 Prazo de presentación das solicitudes:    ata o 23 de xuño  

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO Alumnado de 1º e 2º de Primaria.                  Rendas per cápita do ano 2014 inferiores a 9.000 €.

 AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR:  Alumnado de 1º, 2º, 3º 4º, 5º e 6º  Primaria.

Rendas per cápita do ano 2014 inferiores a 5.400 €.

 FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:      Alumnado de 3º e 4º de Primaria

Orde do 27 de abril de 2016 (DOG do 16 de maio) onde está regulada a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2016/17

 Impreso de solicitude 

DOG                   

Información                         

TEATRO NO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

 

          Caramuxo Teatro veu ao noso centro para 

representar       "Pavillón Lino"

         Foi unha trepidante comedia cunha coidada posta

en escena pola que desfilaron unha morea de pintorescos

personaxes dos que puido gozar o noso alumnado de primaria.

 

 

ÁLBUM BILINGÜE

 

We are here again, and it's the sixth time, to have a great time all

together with

our team game the bilingual album.This year we are going to lern about

"The Ocean" 

Dende hai xa uns días todo o alumnado e profesorado do CEIP Couceiro

Freijomil comezamos unha nova edición do Álbum Bilingüe que este ano está adicado ao Océano.

 

Se queres saber máis sobre esta actividade visita o noso blogue!!!

 

DINAMIZACIÓN NA BIBLIOTECA

Nestas últimas datas hai moita actividade na nosa biblioteca...

Visitounos María Canosa, autora do libro "Druídas" que está a ler o alumnado de 5º no clube de lectura.

 Patri e Alex, os contacontos de Kalandraka, achegáronnos as súas fantásticas historias.

Recibimos a Érica Esmorís, premio Merlín de literatura infantil e autora de "Nena e o mar", obra á que o alumnado de 6º adicou este ano o clube de lectura.

E aínda tiveron tempo para organizar o VIII Certame de Poesía Couceiro Freijomil.

Buff... Non Paran!

     

 

Visita o blogue da biblioteca:     http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/

 

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Hoxe fixemos un exercicio de simulacro de incendio no noso cole.
Foi un éxito pois logramos evacuar en pouco máis de catro minutos a todos os ocupantes do centro, entre eles máis de cen alumnos de infantil.

Fíxose nun clima de tranquilidade e colaboración. 
Un responsable dos Bombeiros do Parque Comarcal do Eume foi controlando todas as nosas actuacións indicándonos ao remate aqueles aspectos a mellorar.

Mentres Protección Civil extinguía o incendio, persoal sanitario do Centro de Saúde de Pontedeume atendía con profesionalidade e cariño a alumnos e alumnas que simularon resultar feridos.
Actuacións como estas sírvennos para educar ao alumnado en prevención e seguridade, comprobar o axeitado funcionamento dos medios humanos e materiais previstos para situacións de emerxencia, valorar a resposta e participación dos ocupantes e cuantificar o tempo empregado.


Temos que agradecer a colaboración da Policía Local de Pontedeume, dos Bombeiros do Parque Comarcal do Eume, do persoal sanitario do Centro de Saúde de Pontedeume e especialmente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontedeume que se volcou na formación, desenvolvemento e valoración de todo o proceso.

 

 

    

 

Distribuir contido