ERASMUS+ TURQUÍA
DESDE O 18 AO 24 DE NOVEMBRO PROFESORADO DO NOSO CENTRO ESTÁ A PARTICIPAR
XUNTO A OUTROS MESTRES E MESTRAS DA NOSA CONTORNA NO PROXECTO EUROPEO
ERASMUS+ NA CIDADE TURCA DE MERSIN. O OBXECTIVO DESTA ACTIVIDADE E AMPLIAR A
PERSPECTIVA DO PROFESORADO SOBRE A EDUCACIÓN, INTERCAMBIAR COÑECEMENTOS
CON PROFESIONAIS DOUTROS PAÍSES E ADQUIRIR BOAS PRÁCTICAS EN MATERIA
EDUCATIVA.
REUNIÓN INICIAL DE EDUCACIÓN INFANTIL 23/24
O día 6 de setembro ás 9 :00 horas terá lugar a reunión inicial de Educación Infantil ( 4º, 5º e 6º EI )no salón de actos.
MADRUGADORAS/ MADRUGADORES .SERVIZO MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN CURSO 2023-2024
Está dispoñible a información sobre o Programa Madrugadoras /Madrugadores para o curso 23-24 do Concello de Pontedeume ( Servizo de Conciliación)
A inscrición comeza o día 1 ata o día 25 de agosto de 2023.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais Municipais . Tlf:981.43.32.88.
ANPA EUME 23/24
INSCRÍBETE XA!!!
Está dispoñible no blog da ANPA EUME CEIP COUCEIRO FREIJOMIL toda a información sobre:
-Como asociarse á ANPA.
-Matrícula do comedor escolar 23/24 ( Inscrición do 1 o 26 de agosto).
-Actividades extraescolares 23/24.
Preme no enlace para ver a información : ANPA EUME (anpacouceiro.blogspot.com)
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR .CONCELLO DE PONTEDEUME CURSO 23/24 .
A partir de hoxe está aberto o prazo para a presentación das solicitudes de axudas para material escolar do curso 2023 do Concello de Pontedeume.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE FONDO LIBROS PARA O CURSO 2023-2024
Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2023/2024.
Cumprindo co artigo 13 da Orde do 10 de maio de 2023, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior recinto escolar.
