XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022!

 

Estimadas familias:

 

Recordade que os días 14 e 24 de febreiro ás 17:00h, realizaremos as xornadas de portas abertas do Couceiro. Debido á COVID 19 se realizarán de xeito virtual.

Mandame un mail ao ceip.couceiro.freijomil@edu.xunta.gal, indicando o día que poidades participar nestas xornadas. Días antes chegaravos ao correo unha invitación. Calquera dúbida estamos á vosa disposición. 

 

Animádevos! 

 

 

 

AVISO IMPORTANTE!

 

Estimadas familias:

 

O centro educativo é consciente do malestar dalgunhas das familias en relación a información recibida sobre a xestión dos casos da Covid-19.

 

Queremos  poñer en coñecemento de toda a comunidade educativa, que tanto o Equipo Directivo e o Equipo Covid , non somos os responsables do confinamento/ corentena do alumnado. O centro é un mero transmisor  da información que a CSC nos transmite e o centro comunica ás familias.  A determinación de contacto estreito depende das autoridades sanitarias.

 

Manifestamos tamén o noso malestar fronte a  esta situación xa que recibimos informacións contradictorias  por parte do CSC ,segundo o  día que nos atopemos ,o que xera inquedanza e nerviosismo na comunidade educativa .

 

O centro púxose en contacto con Xefatura  Territorial de Sanidade  e Inspección Educativa  para comunicar todo o que está a acontecer e que coa maior brevidade posible dar solucións. De xeito que non teñamos que atoparnos nesta situación novamente.

 

É preciso indicar que os tempos de espera para recabar información son longos ,debido a que somos moitos os centros educativos que estamos nesta situación e precisamos información dun mesmo organismo, nunha situación sanitaria moi complexa.

 

A labor que se está facer, tanto no horario lectivo como non lectivo ,por parte do persoal do centro  para a xestión de casos e posta en  marcha  das estratexias de prevención e control da Covid 19 , é desmesurada  .Se a información que recibimos non é clara e concreta  ( xa que depende do rastrexador/a co que falemos temos informacións contradictorias), e coñecida por todos os axentes implicados , dá lugar a este tipo de situacións , onde a cara visible é o centro educativo.

 

 

 Agradecemos a paciencia e comprensión de toda a comunidade educativa .

CONCELLO DE PONTEDEUME INFORMA...

 

Desde o CEIP Couceiro Freijomil compartimos as novidades relacionadas coa organización de entradas e saídas no segundo trimestre deste curso que anuncia o Concello de Pontedeume tras a reunión de representantes do mesmo cos responsables da empresa adxudicataria das obras de saneamento do peirao por parte de Augas de Galicia, Arias SL e responsables de Portos de Galicia sendo informados mediante reunión a Dirección do centro e ANPA.

 

As entradas e saídas organizaranse segundo o seguinte comunicado (pinchade no enlace):

 

 COMUNICADO CONCELLO PONTEDEUME

 

 

 

 

 

 

 

 

Nadal 2021

Dende o CEIP Couceiro Freijomil queremos despedir este trimestre con este vídeo no que participou todo alumnado do centro, profesorado e outros membros do comunidade educativa. 

Desexámosvos unhas felices festas e un 2022 que por fin sexa libre de máscaras e cheo de sorrisos compartidos!

Parabéns a todo o alumnado por este trimestre superado!

 

O luns...

O luns madrugador

ven cun calcetín de cada cor

O luns...

Para o venres...

Pensa nun bo desexo
e decora a cara cun motivo navideño

Para o venres...

O xoves...

 

 

O XOVES  ...

 

Pon unha grilanda no pescozo 

e ao cole virás con moito gozo

 

 

O xoves...
Distribuir contido