Skip to Content

Ultimas novas

ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2024/2025

 

AVISO:

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2024

Documentación a presentar para a matrícula:

- Impreso formalización de matrícula

(Pódese descargar en Anexos ou solicitar no colexio)

- Fotocopia da tarxeta sanitaria

- 3 fotografías tamaño carné

 

Documentación necesaria para a solicitude de admisión

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta (art. 32)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor. (art. 31)
  • No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación académica do centro de procedencia.

A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados.

Prazos

  • 1 ao 20 de marzo de 2024: presentación solicitude.
  • 21 de marzo ao 5 de abril: presentación documentación acreditativa en caso de baremar.
  • 25 de abril: listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización matrícula.

Documentos e impresos

Lexislación básica

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2024

ELECCIÓN DA PALABRA DO ANO

 

A  PALABRA DO 2023

 

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié promoven a elección da Palabra do Ano. Anímate e propón a túa palabra especial en galego, para que saia elixida como A Palabra do Ano.

O proceso de selección remata o domingo 10 de decembro. Pincha na imaxe e participa!

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2023

30 DE XANEIRO DE 2023

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024 - XORNADA PORTAS ABERTAS

 


Poden visitar o centro, solicitando cita previa os días:

- 13 de febreiro de 2023 ás 17:30 h.

- 27 de febreiro de 2023 ás 17:30 h.

- 6 de marzo de 2023 ás 17:30 h.

 

RECAUDACIÓN SOLIDARIA CARREIRA ENKI 2022

Hoxe venres 20 de xaneiro fixemos entrega, a Ángel López presidente da Fundación Abrente,do importe recaudado na Carreira Enki celebrada no noso colexio o día 2 de Decembro de 2022.

FESTA DE NADAL - DECEMBRO 2022

REUNIÓNS INFORMATIVAS DOS TITORES E TITORAS COAS FAMILIAS

O luns 5 de setembro de 2022 imos a realizar as reunións informativas de principio de curso dos titores e titoras coas familias do alumnado.

 

As reunións realizaranse na aula correspondente.

 

O horario é o seguinte:

16:00 horas

1º e 2º de Primaria

 

17:00 horas

5º e 6º Infantil (Clase de María)

5º e 6º de Primaria

 

18:00 horas

4º e 5º Infantil (Clase de Rafa)

3º e 4º de Primaria

 

Queremos lembrar que as clases comezarán o vindeiro xoves 8 de setembro ás 9:00 h para todo o alumnado do centro, agás para os de 4º de educación infantil (3 anos) que comezarán co período de adaptación ás 11:00 h.

HORARIO DE VERÁN

A partir do 11 de xullo e ata o 1 de setembro non haberá atención presencial no centro.

 

Se precisan contactar con nós por un motivo urxente, poden facelo a través do correo electrónico: ceip.cornide.saavedra@edu.xunta.gal ou por teléfono: 981 24 87 96

BECAS MEC ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS DE APOIO EDUCATIVO - CURSO 2022/2023

Está aberto o prazo para solicitar as becas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Máis información aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut