CEIP Jose Cornide Saavedra
Noraboa a todos e todas polas actividades que estades a facer, seguide así
¡¡Sodes grandes desportistas!!
#Eu quedo na casa
Facendo clic na imaxe tedes adiviñanzas relacionadas coas habilidades sociais.
Non é necesario que imprimades o documento.
Hoxe é o Día do Libro, no Blog da Biblioteca tedes distintos libros de acceso online.
Dende o Departamento de Orientación achegámosvos a web de Aprendices visuales onde atoparedes contos con pictogramas, a descarga é gratuita.
Empregando os materiais que teñamos na casa ofrecémosvos unha actividade de Papiroflexia.
Tedes os vídeos coas pautas para facer as distintas figuras no documento adxunto, se facedes clic sobre as imaxes accededes a eles.
Aproveitando os distintos materiais que podemos ter na casa, achegámosvos un libro de Manualidades para que escollades a que máis vos guste. Seguro que faredes cousas estupendas.
Xa tedes o novo número da revista ¡Al abordaje!, no que hai libros, pasatempos e entrevistas a personaxes conocidas.
A actividade física é de gran importancia para o noso desenvolvemento.
Aínda que estes días teñamos que estar na casa sempre podemos buscar algún espazo no que mover o noso corpo.
Compartimos con vós os seguintes enlaces para que escollades a canción que máis vos guste:
https://www.youtube.com/channel/UCHFgpSfeyl1T6CP_1hyqBVA
https://www.youtube.com/watch?v=FP0wgVhUC9w
Clicando na seguinte imaxe podedes ver como a Universidade de Stanford explica a transmisión do COVID-19.
Explicar o coronavirus ás nosas nenas e nenos non resulta sinxelo, os documentos que adxuntamos axudaranvos no proceso contando con apoio visual.
Pulsando a imaxe podedes ver o conto