Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023/2024

Benqueridas familias,

Trasladámosvos a información relativa á oferta de actividades extraescolares no noso colexio.

Cada unha das actividades propostas necesita un mínimo de 10 participantes para que saia adiante.

Agradecemos que as inscricións se fagan canto antes para confirmar que actividades saen adiante. A vindeira semana contarémosvos as solicitudes de cada actividade e as actividades que se poden realizar Neste curso 2023/24.

Como sabedes, estás actividades son xestionadas pola ANPA do José Cornide, polo que é preciso ser socio/a da mesma.

As actividades propostas en firme son as seguintes:

Serocio:

Multiactividade

Nesta opción englóbase unha diversidade de actividades, tanto deportivas como culturais (deporte,cociña, xogo libre, manualidades). As actividades irán variando durante o curso dependendo dos intereses e as idades dos asistentes.

A actividade levarase a cabo inicialmente no pavillón.

Días da actividade: Luns de 17 a 18 horas.

Mércores de 16 horas a 17 horas.

Un día 13€/mes

Dous días 18€/mes

O periodo de realización de multiactividade é dende o 2 de outubro de 2023 ata ó 19 de xuño.

Pendente do enlace.

Pintura

Realizaranse actividades plásticas.

A actividade levarase a cabo inicialmente no comedor.

Días da actividade : Martes e mércores de 17 a 18 horas.

Un día 15€/mes

Dous días 20€/mes

O periodo de realización de pintura é dende ó 3 de octubre de 2023 ata ó 19 de xuño de 2024.

Pendente do enlace.

Ademáis todos os escolares destas actividades deben aboar unha cota anual de 5 € en concepto de seguro.

 

Galicia Rollers: Patinaxe

A actividade levarase a cabo no pavillón.

Día da actividade: Xoves de 16 horas a 17 horas.

15 €/mes (xa inclúe o seguro)

O periodo de realización de Patinaxe é dende o 5 de outubro de 2023 ata ó 20 de xuño de 2024.

Aquí tedes o enlace para facer a inscrición : https://galiciarollers.playoffinformatica.com/preinscripcion/17/Inscripc...

 

Edukajudo: Judo

A actividade levarase a cabo no pavillón.

Día da actividade: Venres de 16 a 17 horas.

17€/mes

O periodo de realización de Judo é do 6 de outubro de 2023 ata ó 21 de xuño de 2024 .

Ademáis cada participante debe facer ao inicio da actividade o trámite de inicio de curso (licencia federativa) así como o carné de grao que certifica a cor de cinturón ao final do mesmo que teñen un custo de 52 euros por participante. Aquí tedes o enlace para facer a inscrición : https://edukajudo.com/colegio-jose-cornide/

 

Exodega:

Inglés

A actividade levarase a cabo no comedor.

Día da actividades : Martes de 16 a 17 horas.

20 €/mes

O período de realización de Inglés é do 3 de outubro de 2023 ata ó 18 de xuño de 2024.

Robótica (Robótica con Lego)

A actividade levarase a cabo no comedor

Día da actividade : Luns de 16 a 17 horas

26€/mes

O periodo de realización de Robótica é do 2 de outubro do 2023 ata ó 17 de xuño de 2024.

Ademáis cada participante de inglés ou robótica deberá realizar a inscrición a través da aplicación Tokapp, adxuntámosvos os pasos a seguir.

O código do colexio é : cornide

Aquí tedes o enlace para facer a inscrición : https://activities.tokapp.net/

A data límite para inscribirse nas diferentes actividades é o domingo 24 de septiembre.

Perdón polo retraso pero o instituto confirmou os días que nos cederá o pavillón o pasado venres pola tarde, non o temos os martes polo que tivemos que trasladar patinaxe aos xoves.

Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou consulta.

ANPA.SARDIÑEIRA Colegio José Cornide. A Coruña



blog | by Dr. Radut