Skip to Content

ESCALADA NA ESCOLA

BAUTISMO DE ESCALADA

 
  Este venres 5 de marzo de 2022 o alumnado de 3º a 6º viviu unha intensa xornada de ciencia, visitando o MUNCYT, e deporte: nada menos que a práctica do bulder. Grazas ao convenio que o Concello da Coruña ten con AMI, a Asociación de Montañeiros Independentes situada na mesma cidade, gozamos dun bautismo de escalada no rocódromo de Riazor. 
 
  Os deportes de montaña teñen un potencial educativo que trascende do meramente motriz, ademais de desenvolver capacidades físicas e de brindar experienccias moi enriquecedoras en aspectos psicolóxicos e sociais. Ensínannos a xestionar o medo, a confianza, a superación de barreiras e a cooperación. Os nosos alumnos comprobaron persoalmente que isto é así e todos e todas, incluso aqueles máis reacios, superáronse a si mesmos tratando de ascender polos percorridos marcados. Son uns auténticos campeóns!! E para mostra as seguintes imaxes:
 
 
  Este tipo de actividades, polos condicionantes de material, organización e instalacións que precisan, non son doadas de seren postas en práctica de xeito habitual así que agradecemos aos monitores de AMI a posibilidade de experimentar esta modalidade deportiva tan interesante. Se queredes repetir a experiencia podedes consultar no seguinte link os cursos e xornadas que ofertan:
 

https://amimontanismo.es/actividades/cursos/

 

  AMI
 
 


blog | by Dr. Radut