Skip to Content

TITORÍAS VIRTUAIS

Bo día a todas as familias!

Espero que sigades estando todos ben e que o levedes o mellor posible dadas as circunstancias.

Levamos xa moito tempo sen ver aos nosos alumnos e alumnos, polo que decidimos propoñervos unha reunión virtual para poder falar e pasar uns bos momentos con eles. Pero sobre todo, para que o alumnado poida verse e estar xuntos de novo por un momento, aínda que sexa na distancia.

INSTRUCIÓNS PARA ACCEDER Á REUNIÓN:

Utilizaremos a aplicación WEBEX, proposta pola Consellería de Educación.

1. Recibiredes un correo electrónico co nome de Patricia ao email que lle destes aos titores (se alguén non ten contacto cos titores polo correo, por favor enviádeme a min o voso correo)

2. Nese correo irá toda a información que necesitades:

            a. A URL da reunión.

            b. Un número de reunión que teredes que introducir.

            c. Un contrasinal para acceder á reunión.

Aconséllovos ver este vídeo para acceder sen ter que instalar ningunha aplicación:

https://www.youtube.com/watch?v=sP-mgFQk7kk&feature=emb_logo

 

3. Unha vez esteades conectados xa poderedes ver ao resto de participantes.

4. Eu serei a moderadora. É importante que se respecten os turnos na medida do posible. Vai ser un pouco caótico pero ao mesmo tempo divertido. Eso esperamos!

5. AVISO IMPORTANTE: Temos que ter paciencia coas conexións xa que ás veces van lentas ou desconéctanse pero imos intentalo.

 

Día e hora da reunión: Xoves 23 de abril

                                    ás 18:00 para os de Infantil (clase María)

                                    ás 18:30 para os de Infantil (clase Rafa)

                                    ás 19:00 para os de 1º e 2º

                                    ás 19:30 para os de 3º e 4º

                                    ás 20:00 para os de 5º e 6º

Cada reunión terá o seu código. Se necesitades calquera aclaración, non dubidedes en preguntar



page | by Dr. Radut