CURSO 2019-2020

     

 

 

FOLGA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

 

Boas a tod@s:

Esta semana o noso centro sumouse a Folga Mundial polo Clima, e durante a mesma estivemos traballando e tratando aqueles aspectos e actos negativos que o destrúen e aqueles outros actos positivos que o manteñen vivo.

Hoxe non quixemos ser menos e fixemos o parón dun minuto de silencio en contra do cambio climático.

Durante a mañá, o alumnado de 6º EP foi pasando polas diferentes aulas para refrescar e recordar o xeito de empregar os diferentes contedores de lixo, así como o composteiro, de maneira axeitada.

Despois do recreo, na Biblioteca, xuntámonos alumnos/as e mestres/as para visionar unha presentación con aqueles actos que debemos de seguir e aqueles cos que non para manter o noso planeta vivo, e que as xeracións futuras poidan desfrutalo e coidalo,  así como a escoita do manifesto, en contra do cambio climático, feito polo alumanado de 6º EP en representación de todo o colexio.

A continuación mostramos unha mostra do manifesto lido, unhas fotiños dos actos de hoxe, así como unhas recomendación que debemos de ter en conta tod@s e seguir a cotío.

"Porque todo acto, por moi difícil que sexa, comeza dando un só paso"

 

 

CAMBIO CLIMÁTICO + QUECEMENTO GLOBAL

Boas a tod@s!!

Este pasado VENRES 22, os nenos/as de 5º e 6º EP, contaron coa visita de Xavier Fonseca, METEORÓLOGO E CIENTÍFICO na Voz de Galicia.

Xavi fíxonos unha explicación ilustrada para que entendéramos en que consiste o efecto invernadoiro, principal consecuencia do Quecemento global e do cambio climático que estamos sufrindo e na que o principal culpable é  O SER HUMANO.

Estivemos SUPER ATENTOS ás explicacións e puidemos facerlle preguntas sobre dúbidas que tiñamos e ían xurdindo sobre a marcha como:

  • Como se forman os furacáns?
  • Por que tivemos un verán tan malo este ano?
  • Instrumentos da estación metereolóxica

Tamén, como soubemos fai pouco que Xavier, vai facer unha expedición á ANTÁRTIDA no vindeiro mes de xaneiro, aproveitamos tamén para facerlle preguntas sobre como será a súa viaxe, que vai facer alí, que comerá, que roupa vai levar, canto tardará en chegar, que mostras collerán, para que servirán,  medios de transporte que empregará, canto tempo vai estar, onde durmirá...

APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS E MÁIS QUE PREGUNTARÍAMOS SENON FOSE PORQUE ESAS DÚAS SESIÓNS PASARON VOANDO!

Quedamos moi contentos porque, manteremos contacto con Xavi a través de via SKYPE cando esté na Antártida e contaranos que cousas está aprendendo e vendo.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgunhas fotos da charla.

GRAZAS POLA TÚA VISITA XAVI!!!

 

 

 

 

 

 

MES DO AMOR E DA AMIZADE

 

O QUE MÁIS NOS ENCANTA FACER NO GROVE OU NO MEDIO AMBIENTE É...

Este ano decidimos facer un vídeo con todo aquilo que vos encanta, vos gusta facer ou máis amades. Grazas a todos pola vosa colaboración porque os vídeos están chulísimos! SODES UNS ARTISTAS!!! Agardamos que vos gusten!

CLICADE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer