Animais en adopción no Refuxio de animais de Cambados
O alumnado de infantil estivo deseñando carteis con fotos dalgúns dos cans e gatos que actualmente están en adopción no Refuxio de animais de Cambados, para colocalos polo Grove e intentar atoparlle unha familia.
Este xoves 8 de xuño virán facernos unha visita ao centro para contarnos como é o día a día no Refuxio, a responsabilidade que implica ter unha mascota, a importancia de adoptar... e lembrarvos que seguimos coa campaña de recollida de alimentos e produtos de limpeza que lle entregaremos a eles o día que veñan. Animádevos a colaborar!!!
Agradecemos que compartades esta información entre amigos, familiares...
Podedes atopar máis datos na páxina oficial do Refuxio de animais de Cambados.
Moitas grazas e contamos coa vosa
colaboración, un pequeno xesto pode
cambiar a vida de calquera destes
animais!!!