COMEZO DE CURSO 2022-2023

Estimadas familias

Benvidas de novo ao cole!

Informarvos que o vindeiro xoves día 8 darán comezo as clases tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.

Entradas:

O horario de entrada será escalonado:

Educación Infantil: entre as 8.35 e as 8.45

Educación Primaria entre as 8.30 e as 8.45

Lembramos a importancia da puntualidade.

 

Se non chove, os titores/as recibirán o primeiro día ao alumnado no patio exterior. O resto dos días os titores/as farán garda nas aulas (a partir das 8.30h) e os especialistas serán os encargados das gardas nas entradas, tanto dianteira como traseira. O alumnado irá accedendo ás aulas a medida que vaian chegando. 

Debido á mellora da situación sanitaria neste curso todo o alumnado accederá pola cancela principal (cancela verde).

Só poderán entrar a acompañar ao alumnado ata a porta do centro as familias de Educación Infantil e do 1º curso de Educación Primaria.

Portas de entrada:

·      - Educación Infantil, 1º , 2º e 3º de Educación Primaria: entran pola porta dianteira.

·              -  4º, 5º e 6º de Educación Primaria, entran pola porta traseira.

 

Saídas:

13.35: saída alumnado Educación Infantil 

13.45: saída alumnado Educación primaria

 Do mesmo xeito que nas entradas, so as familias de Educación Infantil e do 1º curso de Educación Primaria poderán recoller ao alumnado dentro do recinto escolar, o resto deberá permanecer fóra da cancela verde onde o profesorado correspondente entregará ao alumnado que vaia para casa.

Ao longo deste curso escolar a páxina WEB do centro así como o AbalarMóbil serán dous mecanismos de comunicación moi frecuentes, polo que vos pregamos que os revisedes de xeito habitual. 

Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou consulta a través das seguintes canles:

Teléfono: 886151430

Correo electrónico: ceip.conmeninho@edu.xunta.gal

 

Moitas grazas e bo comezo de curso!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer