COMEZO CURSO 2021-2022

Estimadas familias

Benvidas de novo ao cole!

Informalas que o vindeiro xoves día 9 darán comezo as clases tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria. 

O horario de entrada será escalonado:

Educación Infantil: entre as 8.35 e as 8.45

Educación Primaria entre as 8.30 e as 8.45

Lembramos a importancia de respectar estes horarios para que non haxa mestura de alumnado de diferentes grupos. 

 

Os titores recibirán o primeiro día ao alumnado no patio exterior. O resto dos días os titores/as farán garda nas aulas e os especialistas serán os encargados das gardas no exterior e planta baixa. O alumnado irá accedendo ás aulas a medida que vaian chegando. 

O alumnado de transporte accederá pola cancela principal (verde) e o alumnado que veña da casa entrará pola cancela lateral (branca) . neste caso, so poderán entrar no recinto as familias do alumnado de Educación Infantil. 

O alumnado de 4º e 6º de Educación Infantil así como o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria accederán ao centro pola entrada dianteira (portas brancas). A maiores tamén accederá o alumnado transportado de 5º de Educación Infantil. 

 

Doutra banda, o alumnado de 5º de EI que veña da casa, accederá ao centro pola porta traseira , pola que tamén accederán os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, tanto os que veán en bus como os que veñan da casa. 

En canto ás saídas tamén serán de maneira escalonada: 

13.30: saída alumnado Educación Infantil 

13.35: saída alumnado 1º e 4º de Educación primaria

13.40: saída alumnado 2º e 5º de Educación primaria

13:45: saída alumnado 3º e 6º Educación Primaria 

Deste xeito, sempre sairán cursos que baixan por escaleiras diferentes e saen por portas distintas.

Será moi importante a puntualidade das familias. 

 

Ao longo deste curso escolar a páxina WEB do centro así como o AbalarMóbil serán dous mecanismos de comunicación moi frecuentes, polo que vos pregamos que os revisedes de xeito habitual. 

Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou consulta a través das seguintes canles:

Teléfono: 886151430

Correo electrónico: ceip.conmeninho@edu.xunta.gal

 

Moitas grazas e bo comezo de curso!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer