Formalización Matrícula 2021-22

Estimadas familias,

Infórmase de que o próximo día 20 de xuño comeza o prazo para a formalización da matrícula para o vindeiro curso 2021-22.

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

A documentación que deberán achegar para formalizar a matrícula é a seguinte:

  • Anexo III (adxúntase ao final da publicación).
  • Informe médico (alerxias, intolerancias, …).
  • Fotocopia do libro de familia.
  •  Fotocopia do DNI dos proxenitores e do alumno/a (no caso de telo).
  •  Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  •  Dúas fotografías tamaño carné.
  • Volante de empadroamento conxunto no que aparezan todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio do alumno/a.

 

Estes impresos deberán entregalos na secretaría do centro, no horario establecido para a atención ao público que poden consultar na páxina web do centro.

 

Por último, precisarlles que a documentación xa entregada non é necesario entregala de novo.

 

Un saúdo.

AdxuntoTamaño
AnexoIII_galego.pdf427.8 KB
AnexoIII_castelán.pdf427.05 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer