Orde do 6 de maio de 2021 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e educación especial para o curso escolar 21/22
Estimadas familias,
No día de hoxe, 20 de maio de 2021, saíu publicada no Diario Oficial de Galicia a a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día 21 de maio de 2021 e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).
Lugar de presentación: na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal)
Poden revisar os horarios de atención ao público da secretaría do centro na páxina web.
Quedamos á súa disposición para o que precisen no 886151430.
Un saúdo.
A continuación deixámoslles os seguintes enlaces:
Orde que regula a convocatoria