Enquisa de diagnose da convivencia 2021

Estimadas familias,

Informalas de que dende hoxe, 12 de abril de 2021, e ata o vindeiro 29 de abril de 2021 (ámbolos dous días incluídos) teñen á súa disposición a “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” que poden cubrir en liña, a través de Internet, no caso de que vostedes desexen participar.

Este cuestionario é unha acción da Consellería de Cultura, Educación e Universidade encamiñada á mellora da convivencia, que redundará en beneficio de cada centro educativo.

O código que recibiron nas súas casas, serve só para evitar que entre xente allea ao centro na aplicación, pero non serve para identificalos a vostedes.

A recollida de datos farase a través dunha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

Deixámoslles a continuación a ligazón de acceso por se fose do seu interese:  https://www.edu.xunta.gal/convfamil

Por último, indicarlles que no caso de que vostedes perdan a súa clave, poden solicitar unha nova na dirección do centro.

No enlace http://educonvives.gal poden atopar información adicional sobre esta iniciativa.

Tamén lles adxuntamos unha guía de uso na que se explica brevemente o funcionamento do formulario web.

Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.

AdxuntoTamaño
guia_uso_2021.pdf444 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer