Descubrindo un novo PDI!
No primeiro día de cole preparamos un xogo de pistas para que o alumnado descubrira diferentes letras agochadas por algún dos recunchos do centro. Xuntando todas as letras formamos a palabra que dá nome ao noso novo proxecto
OLLARTE!
Comezamos!
Estimadas familias
O mércores 11 de setembro darán comezo as clases, co servizo de transporte e de comedor no seu horario habitual.
O primeiro día as familias poderán entrar co alumnado ata o recinto onde estarán esperando os titores/as, infantil no patio dianteiro e primaria no circuíto lateral.
Benvidos ao curso 24/25!
SELO DE VIDA SAUDABLE
O CEIP Plurilingüe de Conmeniño acaba de recibir o Distintivo de Calidade de Centros Docentes "Selo de Vida Saudable 2024" que outorga o Ministerio de Educación , Formación Profesional e Deportes a aqueles centros educativos que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a posta en marcha de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o axeitado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado.
Entre as iniciativas destacadas do noso centro atopamos a Carretera do Conmeniño, dinámica para aumentar o consumo de froita entre o alumnado; espertares máxicos; descansos activos (ioga ...); corredores dinámicos; carné saudable; mochila deportiva viaxeira; almorzos saudables; plan lector dinámico; ligas internas de fútbol; semana sen fume sobre rodas; roteiros saudables, etc.
A concesión deste Selo é unha motivación para continuar desenvolvendo e mellorando as prácticas que aseguren un futuro máis saudable. Moitas grazas ao profesorado, familias, e, por suposto, alumnado, por participar e axudar á promoción dunha vida saudable.
Listaxe libros 24-25
Pinchando no arquivo adxunto podedes descargar a listaxe de libros para o vindeiro curso.
*Recomendamos que non se merquen ata setembro.
Formalización matrícula 24-25
Horario de atención ao público
O horario de atención na secretaría para a recollida de documentación será o seguinte:
Xoves 20 : de 11.15 a 15.30h.
Venres 21: de 9.00 a 15.30h.
Do luns 24 ao venres 28: de 10.00 a 13.00h.
Formalización da matrícula 24-25
Entre o 20 e o 30 de xuño estará aberto o prazo para formalizar a matrícula do alumnado de nova incorporación para o vindeiro curso 24-25. Na imaxe podedes ver a documentación necesaria que haberá que entregar no centro.
Podedes descargar o anexo III e os cuestionarios nos arquivos adxuntos ou ben solicitalos no colexio.
Horario de atención en secretaría: todos os días de 9.00 a 9.35h, de 11.15 a 12.05h e de 14.00 a 15.00h.
SEMANA SEN FUME SOBRE RODAS
Xa está aquí á "II Semana sen fume sobre rodas" do CEIP Plurilingüe de Conmeniño, que ten como obxectivo fomentar hábitos de vida saudable entre o noso alumnado. Durante esta semana todos aqueles nenos e nenas que o desexen poderán traer ao centro as súas bicis, monopatíns, patinetes ... iso si, sempre ben equipados!