Skip to Content

PAUTAS

PAUTAS ESTIMULACIÓN DA FALA NA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

A continuación achégase tríptico elaborado pola mestra especialista en audición e linguaxe para estimular a linguaxe oral nos máis pequenos. O desenvolvemento da fala na etapa de educación infantil ten máxima importancia, xa que é o instrumento que permitirá ós nenos e ás nenas adquirir unha aprendizaxe escolar satisfactoria, sobre a que se fundamentarán todos os coñecementos posteriores. O obxectivo a acadar é o de favorecer o desenvolvemento das habilidades lingüísticas así como as bases dos procesos lectoescritores, dando a oportunidade de:

  • Previr posibles dificultades da linguaxe oral e escrita.
  • Diminuír as dificultades que xa puideran existir.
  • Preparar ao alumnado para a adquisición do proceso lectoescritor.

 

 



page | by Dr. Radut