ALIMENTACIÓN SAUDABLE CON LUCAS REQUEJO

O martes 9 de abril recibimos a visita de Lucas Requejo, impulsor da iniciativa "Ultralimento", na que tivemos a oportunidade de coñecer alternativas a produtos de alimentación que non son moi saudables por outras que a maiores de coidar da nosa saúde, tamén o fan do planeta e das empresas locais. 

Nalgún caso substituímos a bebida Aquarius por outra con menos azucre e noutros prepararon barriñas enerxéticas. Todo a través dun traballo en grupos mixtos, cunha boa dose de humor, música e reflexión. 

Deixámosvos o cartel que fixero o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP. Agardamos que vos guste.