O SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Durante a xornada do martes 31 de outubro celebramos o Samaín e o Magosto do ano 23. O profe Carlos traballou co alumnado para realizar dúas actuación na Casa da Cultura. Por unha banda recitaron o poema de Rosalía de Castro "Os mouchos" e despois a canción "Fantasmas"na que participaron, sexa tocando instrumentos sexa cantando e bailando todo o alumnado do centro.

Pola tarde puidemos compartir coas familias a desgustación das castañas, produto típico outonal. 

A maiores decorouse o mostrador do outono, cunha gran variedade de produtos típicos. 

Como colofón, a charanga "Os fandangueiros" realizaron un taller de maquillaxe e festa de Samaín. 

 

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración