Saída a Lourenzá
Enviado por Juligomez o Lun, 10/09/2023 - 15:57
Visita ás instalacións de Terras da Mariña
Visita ás instalacións de Terras da Mariña
S. Coop. Galega
Grazas á colaboración da ANPA, que nos ofreceu a realización da actividade, puidemos visitar o Centro de Interpretación da faba, participar nun obradoiro no muíño do Pereiro e visitar as hortas leguminosas. Dese xeito comprobamos cal é o proceso para a obtención da prezada Faba de Lourenzá.
Para rematar a xornada, recibimos o saúdo de Fabito, que nos agasallou cunha bolsa de fabas para cada persoa.