blogue deJuligomez

ACTIVIDADE VIOLECIA DE XÉNERO

A ANPA do CEIP Castro de Ouro Convoca ás familias á seguinte actividade:

ACTIVIDADE VIOLECIA DE XÉNERO

A ANPA do CEIP Castro de Ouro Convoca ás familias á seguinte actividade:

Menú novembro 2023

COMO FACERSE SOCIO/A?

Por tan só 20€ ao ano podes facerte socio/a da ANPA e colaborar coa asociación.  No enlace ou no arquivo adxunto do final da páxina, podedes acceder ao formulario coas instrucións.

ACTIVIDADES ANPA CURSO 23/24

No seguinte enlace podedes atopar información sobre as actividades que realiza a ANPA con regularidade no noso centro, aparecendo tamén a ficha de inscrición e os prezos que teñen. Tamén podedes atopar o impreso ao final da páxina, como documento adxunto. 

A ANPA do noso centro

A ANPA do CEIP Castro de Ouro está composta polas seguintes persoas:

 

Presidenta: Rosana Fraga 

Vicepresidenta: Mª Luz Dorado

Secretaria: Mª Elena Veiga

Tesoureira: Katy Carballeira

COMO SE PRODUCE O MEL DO VALADOURO?

Nesta xornada acudimos á casa da cultura do Valadouro para compartir co colexio da localidade unha charla sobre como se produce este manxar. Felipe explicounos como traballa e cales son os principais aspectos a ter en conta antes de poder degustar este produto. A súa amabilidade e coñecemento do tema aproximaron a apicultura aos máis cativos. Como colofón, entregáronnos unha mostra de mel para que o desgustemos coas nosas familias. 

 

Saída a Lourenzá

Visita ás instalacións de Terras da Mariña 
S. Coop. Galega

 

Grazas á colaboración da ANPA, que nos ofreceu a realización da actividade, puidemos visitar o Centro de Interpretación da faba, participar nun obradoiro no muíño do Pereiro e visitar as hortas leguminosas. Dese xeito comprobamos cal é o proceso para a obtención da prezada Faba de Lourenzá. 

Titorial para o pago da taxa do servizo de comedor escolar

Menú outubro 23

Distribuir contido