blogue deJuligomez
O NOSO CENTRO EN DATOS
Enviado por Juligomez o Mar, 12/12/2023 - 13:28Código do centro: 27013922.
Unidades: 3.
Profesorado: 7 mestres/as.
Teléfono: 982 55 86 20
ESTREAMOS BIBLIO PATIO
Enviado por Juligomez o Mar, 12/12/2023 - 12:10Esta semana vimos de estrear a nova Biblio Patio, onde o alumnado poderá gozar do tempo de lecer nunha marabillosa casiña con diferentes tipos de libros de lectura e algúns xoguetes educativos nun ambiente de colaboración entre as diferentes idades dos nosos nenos e nenas.
Grazas á ANPA do noso CEIP para poder facer este sono realidade. Poden ver o video de presentación no seguinte enlace .
O SAMAÍN E MAGOSTO 2023
Enviado por Juligomez o Xov, 11/02/2023 - 16:39Durante a xornada do martes 31 de outubro celebramos o Samaín e o Magosto do ano 23. O profe Carlos traballou co alumnado para realizar dúas actuación na Casa da Cultura. Por unha banda recitaron o poema de Rosalía de Castro "Os mouchos" e despois a canción "Fantasmas"na que participaron, sexa tocando instrumentos sexa cantando e bailando todo o alumnado do centro.
A composición do Consello Escolar (23-24)
Enviado por Juligomez o Xov, 10/26/2023 - 14:54O Consello Escolar está formado polas seguintes persoas:
- Presidencia: Adrián Suárez.
- Secretario: Julián Gómez.
- Representantes do profesorado: Julián Gómez e Itziar Domínguez.
- Representantes das familias: Rosana Paz e Daniel Pérez.
- Representante do Concello: Eliseo Lorenzo.