O primeiro trimestre avanza e pouco a pouco os nenos e nenas de 3 anos van mellorando nos hábitos e nas súas rutinas diarias. Mentres tanto aprenden tamén cousas sobre o outono, e facemos actividades manipulativas con elementos da nosa contorna.
Continuamos coidando as nosas plantas e comprobamos que o traballo da os seus froitos!
Para que os páxaros non se acerquen ós nosos cultivos creamos a Manoliño: o noso espantallo.
Aproveitando a temática da horta practicamos diferentes trazos e tamén experimentamos coa luz negra.
TRABALLANDO O NOSO PROXECTO DO HORTO, PRANTAMOS PATACAS E COIDÁMOLAS TODOS OS DÍAS, REGÁNDOAS E MIMÁNDOAS MOITO. OBSERVAMOS O PROCESO E ESTAMOS ILUSINADOS PORQUE XA SAIU A PRANTIÑA. AGORA A VER QUE PASA.
REALIZAMOS UN EXPERIMENTO CON SERRÍN E SEMENTES. METÉMOLO DENTRO DUNHA MEDIA E DEMOSLLE FORMA DE MONEQUIÑO. TAMÉN O REGAMOS TODOS OS DÍAS E QUE COUSA CURIOSA ESTAMOS A OBSERVAR: AO MONECO ESTALLE A MEDRAR O PELO.!!!
ADEMAIS FIXEMOS CON ELEMENTOS NATURAIS: LAND ART.
ADEMÁIS ESTE MES TIVEMOS VARIAS NOVIDADES:
- CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO E FIXÉMOSLLE UN AGASAIO ÓS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS DO COLE.
- ESTREAMOS OS PETOS PARA PODER DESFRUTAR NOS CHARCOS SEN MOLLARNOS.
- E XOGAMOS CON NOVOS MATERIAIS MANIPULATIVOS E AS LETRAS DA MESA DE LUZ. COMO NOS GUSTOU POR O NOSO NOME TAN LUMINOSO!!!!
Apareceron nas nosas aulas novos recantos de xogo: manipulativo e artístico. Seguindo nesa liña decoramos un autoretrato estilo Andy Warhol.