Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

 

PUBLICACIÓN ALUMNADO ADMITIDO

As listaxes que se publican ao longo do procedemento son as xeradas pola aplicación admisionalumnado, e as respectivas datas para a súa publicación, as indicadas no calendario do procedemento de admisión e matrícula.

As familias e o alumnado poderán consultalas:

1º. Presencialmente: no taboleiro de anuncios, que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar. Polo tanto, a publicación na páxina web do centro, en taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro ou calquera outra alternativa distinta das mencionadas nos artigos 9 e 35.5 da Orde do 21 de outubro de 2022 non están incluídas entre as formas de publicación admitidas. Non obstante, na páxina web poderá anunciarse o momento en que as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios e na aplicación.

2º. Por vía electrónica: exclusivamente través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365. O estado de tramitación da propia solicitude tamén se pode consultar na aplicación, pero en este caso é suficiente para acceder o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante. INFORMÁMOSLLES QUE SEGUNDO A NORMATIVA VIXENTE 

Tamén comunicamos que todo o alumnado que solicitou praza no centro para o próximo curso 2024/2025 obtivo praza e está admitido no centro educativo, agás en 6º de Educación Primaria que non hai prazas vacantes.

ALUMNADO NOVO NO CENTRO

  

 

 NORMATIVA DE APLICACIÓN.

 Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 1 ao 20 de marzo de 2024.

a) O alumnado que ingrese nun novo centro, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro da súa primeira preferencia ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550B)

ESTA SOLICITUDE É UNICA ( SÓ PODE PRESENTARSE NUN ÚNICO CENTRO ) E TERÁ CARÁCTER VINCULANTE 

O modelo ED550B de admisión ordinaria e os respectivos anexos estarán dispoñibles a partir da data de inicio do correspondente prazo de presentación: na aplicación admisionalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nos centros docentes onde se facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel ás persoas interesadas que a soliciten.Tamén pode descargarse desde esta páxina web ( no arquivo adxunto ) e unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na secretaría do centro.

b) Sinatura e consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras: Os artigos 26.6 e 46 da orde establecen que en todos os casos de solicitude (de reserva, admisión ordinaria e escolarización extraordinaria) de alumnado menor de idade non emancipado é necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero. En consecuencia, todas as solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe xuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra (modelos: anexo I-bis, anexo II-bis). 

 

DOCUMENTACIÓN.

 Os porxenitores ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación: 

a) Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora.

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial.

 

CADRO DE VACANTES A 1 DE MARZO DE 2024
         
  CURSO PRAZAS PERMANENCIAS VACANTES
EDUCACIÓN INFANTIL 4º INFANTIL 40 0 34 + 6 N.E.E.
5º INFANTIL 50 10 30
6º INFANTIL 50 30

10

EDUCACIÓN PRIMARIA 1º PRIMARIA 50 26 8 + 4 N.E.E.
2º PRIMARIA 50 35 5
3º PRIMARIA 50 20 20
4º PRIMARIA 50 28 12
5º PRIMARIA 50 42 0
6º PRIMARIA 50 44 0

 

  

* Pódese consultar o calendario do procedemento de admisión e descargar a solicitude nos arquivos adxuntos. 

 

 

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2024/2025

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes publicou a convocatoria destas axudas para o curso 2024 - 2025  o 19 de abril de 2024

PRAZO SOLICITUDES desde o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024

TODA A INFORMACIÓN NO enlace 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

Estimadas familias:

Prazo de presentación de solicitudes: Do 21 de maio ao 21 de xuño ( ambos inclusive )

Poderase solicitar:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO.

 Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

 Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.

Asignación de libros e contía das axudas

1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e a todos os cursos de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:

a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Unha vez esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

2. A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.

3. A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO será a seguinte:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación Fondosolidario empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.

Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2024/25. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro no que estivese matriculado no curso 2023/24. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a entrada desta en prazo e enviaraa ao centro de destino no que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras e nos casos de violencia de xénero en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

Podedes descargar a solicitude no arquivo adxunto

Ante calquera dúbida, podedes chamar á secretaría do centro 886 120 191.

 

 Máis información:

  • ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)  (Enlace aquí)

 

  • Manuel de usuario para os cidadáns: enlace

PODEN CONSULTAR AS DATAS DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE BENEFICIARIOS E DE ENTREGA DE VALES NO ARQUIVO ADXUNTO

 

 

 

PROXECTOS DE CENTRO CURSO 22-23

  1. PFPP (PLANS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO) EN COORDINACIÓN CO CENTRO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DE VIGO:

 

 

 INNOVA (PROGRAMAS DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN SOBRE INNOVACIÓN EDUCATIA):

  • EDU INNOVA
  • EDU SOSTIBILIDADE
  • EDU CALIDADE
  • EDU EXCELENCIA
  • EDU SAÚDE

 

 

INCLÚE:

  • IGUALAT-T
  • CONVIVE-T
  • INCLUE-T
  • EMOCIONA-T
  • QUEDA-T

 

 AGRUPAMENTO DE CENTROS (ESPAZOS COMPETENCIALES, INCLUSIVOS E SOSTIBLES)

Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes

 

 

O curso 22/23 o noso Centro foi escollido ,previa presentación  dun Proxecto, para o ”Programa de Agrupaciones de Centros Educativos” do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Este Programa ten unha duración de dous anos. Consiste nunha convocatoria de axudas destinada a promover agrupacións de Centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva, a innovación educativa e a creatividade.

Este Programa pretende potenciar a equidade e a inclusión educativa, reducir a segregación escolar, fomentar iniciativas de innovación e investigación, desenvolver a creatividade, consolidar redes educativas de colaboración, contribuír ao desenvolvemento das competencias clave para a aprendizaxe permanente, desenvolver  a capacidade de traballar en equipo, así como abrir os sistemas educativos ao exterior, todo  en aras de unha mellora na calidade da educación.

O noso Agrupamento está formado por 7 Centros Educativos de 7 Comunidades Autónomas diferentes: CEIP Gandhi (Málaga), CEIP Puntagorda (La Palma), CEIP Sant Miquel (Tavernes de la Valldigna- Valencia), CEIP San Isidro (Tomelloso-Ciudad Real), CEIP Padre Manjón(Burgos), CEIP Ángel León (Colmenar Viejo-Madrid) e nos, o CEIP Carrasqueira.

O noso Agrupamento chamase “Espacios Competenciales, inclusivos y sostenibles”. Nestes dous anos profundizamos na inclusión , na coeducación , na sostibilidade e nas competencias que un Centro ten que adquirir para mellorar estes aspectos. Neste tempo  fixemos mobilidades a 4 de estes Centros e tamén nos visitaron a nos. Así  puidemos coñecer de cerca a realidade de cada un dos nosos Centros Educativos e aprender e compartir das boas prácticas de todos/as nos.

 Nestas mobilidades tivemos formacións moi diversas e con formadores de gran prestixio:

  • Sandra Molines: patios coeducativos
  • Equipo directivo do CEIP Port de Xábia: transformación do espazo escolar
  • Toni Aragón: formación patios sostibles e espazos renaturalizados.
  • Antonio Rodríguez Hernández: educación emocional e para a creatividade.
  • Siro López: transformación do espazo escolar, creatividade, beleza e harmonía dos espazos
  • Yolanda (Equipo Gey Lagar) : patios inclusivos
  • PRAE: visita e formación en Competencias para fomentar a educación ambiental e respeto polo medio ambiente. De man do equipo de Toni Aragón
  • Pablo Labajos: Practicas educativas sostibles y medioambientais .

Ademais de todas estas formacións visitamos moitos Centros educativos nas diferente mobilidades onde puidemos vivir de primeira man experiencias moi enriquecedoras e coñecer moitas formas distintas de desenvolver a práctica educativa .

SEMANA DO LIBRO

SEMANA DO LIBRO

 

Bo día.


Durante a semana do 22 ao 26 imos celebrar no CEIP da Carrasqueira a "Semana do libro". Con este motivo, cada día realizaremos unha proba distinta:

Luns 22 (misión 1): Que é un libro para ti? Os alumnos/as terán que escribir, no modelo que vos adxuntaremos, o que significan os libros para eles. Posteriormente pegarano nun mural da biblioteca.

Martes 23 (misión 2): Lectura cos afillados e intercambio de portadas e marcapáxinas.

Mércores 24:(misión 3) "Convertete en booktuber". Elaborade un video ou audio recomendando un libro. A continuación teñen que subilo escaneando o codigo presente na carta de Carrás.

Xoves 25 (misión 4): Recreación dunha portada ou escena do seu libro favorito.

Venres 26(misión 5): Que os nenos veñan caracterizados ao colexio dos personaxes elixidos dun libro.

-Para a realización destas misión imos pedirvos a vosa colaboración, especialmente na do xoves e na do venres, de forma que poidamos ter unha existosa semana do libro.

Na misión do xoves, teran que recrear unha escena ou portada dun libro que lles guste e levala ao colexio. Poderán montala utilzando as novas tecnoloxias se así o desexan. Vos anexo alguns exemplos.

E o venres terán que vir caracterizados como o/a poersonaxe dun libro que lles gustase.

 

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut