Skip to Content

Fomento da lectura

O Plan Lector é un proxecto que ten por obxectivo fundamental mellorar a competencia lectora e escritora do noso alumnado, e sobre todo despertar o interese e amor por a lectura como fonte de información e pracer.

Para desenvolver este proxecto están deseñadas unha serie de actividades que se levan a cabo, dentro e fóra das aulas: club de lectura, mochilas viaxeiras, tempo de ler, itinerario lector, biblioteca para pais, préstamos de libros, contacontos, entrevistas a escritores de contos galegos, exposicións.... Neste proxecto está implicada  toda a Comunidade Educativa.   



page | by Dr. Radut