Continuamos facendo actividades sobre a primavera traballando o vocabulario desta estación utilizando tarxetas, realizando grafismos, simetrías e tamén distintas manualidades.
Encantounos facer composicións utilizando elementos naturais: pétalos, follas, plantas de anís, perexil, paus, cocos de eucalipto… quedaron superchulas e ademais pasámolo moi ben!
Fixemos experimentos: machacamos follas de moreira e metémolas en alcohol. Puidemos observar como o alcohol se ía tinguindo de verde. Despois con ese líquido verde (clorofila) pintamos nun folio. Foi un experimento que nos encantou! Agora xa sabemos que as plantas teñen clorofila e unhas células que se chaman cloroplastos que lle dan esa cor verde o talo e as follas.
Na clase temos vermes de seda e estamos iniciando un proxecto sobre estes bichiños que tanto nos gusta observar. Xa sabemos que só comen follas de moreira e que nacen de ovos. Cando naceron vimos que eran moi pequeniños e de cor negra pero como comen moi ben medraron moito. Temos que limpalos, quitarlle as follas que van comendo e as cacas (ao principio son puntiños negros e logo vanse facendo boliñas cada vez máis grandes), e botámoslle follas todos os días. Encantanos observar como comen e como se moven!
O día 29 tivemos a actividade de padriños e madriñas lectores. Os nen@s de 5º B léronnos o conto: Vivan as uñas de cores ! Fíxemoslle una flor para darlle e eles tamén nos deron outro agasallo. Desfrutamos moitísimo esta actividade!