Skip to Content

Ferramentas TIC en galego

No colexio empregamos ferramentas TIC nas nosas tarefas diarias:

Dicionario en liña: Digalego.xunta.gal para consultar de o dicionario en liña, no que podemos atopar a equivalencia das verbas en sete linguas: castelán, portugués, inglés, francés, italiano, chinés e alemán, así como ver sinónimos e antónimos.

Tradutor automático de textos e páxinas web: Tradutor Gaio permite facer traducións entre galego e castelán en ambos sentidos, ao igual que noutras linguas como portugués, inglés, francés ou catalán.

O tedes sempre accesible no menú esquerdo da nosa páxina en Ferramentas TIC en galego

FESTIVAL DE NADAL

O día 18 de Decembro tivo lugar o Festival de Nadal no ximnasio do colexio onde participaron todos os nenos.Temos que dar as gracias a mestra de música,Conchita,pola grande labor que levou a cabo cos nosos alumnos,xa que estivo durante moito tempo ensaiando con eles e o resultado foi impresionante.

Os nenos estiveron radiantes,participativos,contentos,e todos aqueles adxectivos que se vos ocurran para poder definir semellante acto.

Na metade do festival a coordinadora de Normalización ,Patricia,fixo entrega dos regalos os nenos que quedaron gañadores dos concursos que se levaron a cabo durante o primeiro trimestre deste ano ( aínda que teño que engadir que todos resultaron gañadores polo mero feito de participar)

Tamén teño que felicitar ás profes de infantil polo seu enorme traballo para lograr estas actuacións tan maravillosas que fixeron os nenos máis pequenos,algo que é moi difícil debido a idade destes cativos.

O festival resultou maravilloso e todos disfrutamos del.

 

Un libro, un bo regalo

Neste tempo de lecer atoparedes algúns ratiños para xogar, para compartir,para descansar, ...para estar coas vosas familias e tamén, de seguro, haberá momentos para ler...

Así que, outro ano máis, elaboramos unha selección de lecturas, coidamos que moi interesantes, para que poidades gozar con elas. 

Bo Nadal!

FELIZ NADAL

O profesorado do CEIP  Carlos Casares deséxavos a todos Feliz Nadal e un Próspero Aninovo

O 7 de xaneiro voltamos ao colexio

 

As súas maxestades os Reis Magos chegaron ao CEIP Carlos Casares

Antes do remate das clases, os Reis Magos visitaron o colexio o luns, día 14 de febreiro, a partir das 12:00. Os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º foron recibidos por eles con moito cariño para escoitar os seus desexos.

Se queredes ver máis fotos sobre a súa visita, ide ao blog de infantil

Exploramos na biblioteca

En outubro estivemos a traballar na biblioteca personaxes da historia que descubriron mundos e cousas máis aló de onde eles ou elas vivían. 

XUNTANZAS FAMILIARES

Para aquelas familias que teñan nenos/as con idades comprendidas entre os 0-3 anos levaremos a cabo unhas Xuntanzas Familiares os mércores ás 9:30( na aula de música) a partir do 13 de xaneiro.

Libro+obra=boa combinación para 3º e 4º

A volta da longa ponte, o mércores 9, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de educación primaria, xunto cos compañeiros e compañeiras do CEP Rosalía de Castro disfrutaron da obra "O Espantallo amigo" de Xosé Neira Vilas na Casa da Cultura de Xinzo.

Antes de ver a representación, a lectura do libro acompañou o tempo de ler dos rapaces.

"Hai homes coma espantallos e espantallos coma homes. O protagonista desta obra ten un corazón de pexego, morno e bo coma os seus feitos"

1ª FEIRA DO OUTONO, 27 DE NOVEMBRO DE 2015

 

Con puntualidade a Feira e a lectura dos relatos comezaron as 9:30.

Como somos moitos, dividimos os grupos en dúas quendas.

Gozamos coas actvidades e creemos que estas non serán as últimas. Xa estamos a pensar nas seguintes.

A reportaxe xa está lista! Preme e podas ver o estupendo traballoRisa

PREPARATIVOS PARA UN GRAN DÍA

Onte xoves, estivemos cos preparativos da 1ª Feira do Outono que imos inagurar mañá no ximnasio do centro.

É unha actividade interdisciplinar na que son partcipantes os alumnos e as alumnas de todos os grupos de educación infantil e primaria, que xunto cos seus profesores e as familias fixo posible o que disfrutaremos mañá a partir das 9:30.

Ao mesmo tempo, os e as exploradoras maís relevantes da historia entrarán a formar parta da vida do centro coa lectura grupal dos relatos redactados por todos os nenos e as nenas do colexio.

Mañá abrirmos a porta!

 

Visita don nenos de infantil 5ºA e 5ºB ó Concello e a Biblioteca Pública

 Os nenos de infantil de 5º A e 5º B foron de visita ó CONCELLO e a BIBLIOTECA PÚBLICA.
Recibiulles o Concelleiro de Deportes e Cultura que fixo de guia polas instalacións do CONCELLO ,onde viron as  distintas dependencias e lles explicou brevemente o traballo que se facía en cada unha delas, visitaron tamén o salón onde se reunen cada luns os membros da corporación municipal, o salón de plenos o despacho dos arquitectos do concello,obras e contas ,rematandeo a sua visita no despacho do ALCALDE.
Logo foron a BIBLIOTECA PÚBLICA  onde lles esperaba a bibliotecaria ,que lles explicou un pouco como funcionaba a BIBLIOTECA e despois dun  breve percorrido polas distintas seccións disfrutamos dunha sesión de CONTACONTOS, co conto de XAIME E AS LANDRAS.
                 
 
 

                                                                 

Distribuir contido


by Dr. Radut