Skip to Content

DESFILE SAMAÍN INFANTIL

O venres día 28 celebramos Samaín no cole.Para tal celebración imos poñer en marcha a creatividade e imaxinación,xa que ese día os cativos poden acudir ó cole ataviados con disfraces caseiros feitos con materiais de refugallo:teas,papeis,bolsas de basura....Haberá un desfile e grandes premios

4ºA ELENA FERNÁNDEZ FERRÓN

4ºB MIGUELÁNGEL RODRÍGUEZ QUINTELA

5ºA BORJA BAHÍA ALONSO

5ºB SARA TOMBO RICO

 

6ºA LUCÍA BARATA GÓMEZ

 6ºB XIÁN MERA GÓMEZ

 

 

 

EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES FEITAS CON MILLO

Este ano no colexio con motivo do Samaín/Halloween vaise celebrar no cole unha exposición de manualidades terroríficas feitas con mazorcas de millo.

Aquelas familia que queiran participar deben elaborar cos seus fillos/as dita manualidade e levala o cole.O prazo para traela remata o mércores 26 de outubro.

MANUALIDADES E COMICS SOBRE A CASTAÑA

Con motivo da celebración do Magosto o EDLG convoca a III edición de Manualidades e Cómics sobre a castaña:

 - Manualidades ca temática da castaña/castiñeiro infantil e 1º curso.

 - Cómics sobre a castaña de 2º a 6º fr primaria (extensión unha carilla de dina-A4).

- Data límite de entrega:14 de novembro

- A medida que se vaían entregando as manualidades/cómics iranse expondo no Centro.

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Proclamación e publicación de candidatos electos

SECTOR DE REPRESENTACIÓN DOS PAIS/NAIS/REPRESENTANTES LEGAIS

Muiños Iglesias, Susana 

Fuertes Canabal, María Cristina

Airas González, Belén

Estévez Rodríguez, Sonia (ANPA)

SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PROFESORADO

Paradela Gil, Concepción

Dalama Blanco, Socorro

Conde Conde, Herminia

Vázquez Dopazo, Teresa

SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

Blanco González, María Del Pilar      

ACTA RESULTADO DA VOTACIÓN DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DOS PAIS/NAIS/REPRESENTANTES LEGAIS

 ACTA RESULTADO DA VOTACIÓN CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PROFESORADO

 ACTA RESULTADO DA VOTACIÓN CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

CIRCULAR II PARA ÁS FAMILIAS SOBRE A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

COMUNÍCASE a admisión, proclamación e publicación de candidaturas deste sector:

Airas González, Belén

Álvarez Boo, Milagros

Feijoo Quintana, Melisa

Fuertes Canabal, María Cristina

Muiños Iglesias, Susana  

Traveso Santana, Sixto

Proposta da ANPA de representante dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as: Estévez Rodríguez, Sonia

Lémbrase que:

  1. A renovación de 3 representantes dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as 
  2. 23 de novembro:Votación dos pais, nais e titores legais, dende as 09.15-10.15h, 13.30-14.30h e de 15:30 h a 17:30 h para elixir os/as seus/súas representantes no consello escolar.

Xinzo de Limia, 14 de novembro de 2016

A Presidenta da Xunta electoral,

Asdo.:Elena María Castro Villalón

XUNTA ELECTORAL

14 de novembro de 2016, luns:

  • Admisión, proclamación e publicación de candidaturas e aprobación de censos electorais.Prazo de reclamación: 48 horas.
  • Sorteo público para designar catro pais/nais ou titores legais que constituirán, xunto coa directora do centro, a mesa electoral para a votación do/da representante dos pais/nais ou titores legais no Consello Escolar. Designaranse do mesmo xeito os/as seus/súas suplentes.

CIRCULAR PARA ÁS FAMILIAS SOBREA RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

COMUNÍCASE o que a continuación se indica:

  • Membros do consello escolar que corresponde renovar:
    • Tres representantes dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as
    • Un/unha representante dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as proposto/a pola ANPA
  • Presentación de candidaturas
    • Do 3 ao 11 de novembro
    • Modelos de solicitude para presentarse á elección estarán a disposición dos candidatos/as  na secretaría do centro

Prégase que se revise o censo por se houbera algún erro.

Xinzo de Limia, 2 de novembro de 2016

A Presidenta da Xunta electoral,

Asdo.:Elena María Castro Villalón

XUNTA ELECTORAL

02 de novembro de 2016, mércores:

  • Constitución e primeira reunión da Xunta Electoral
  • Aprobación do calendario de actuacións. 
  • Publicación no taboleiro de anuncios do centro das convocatorias nos distintos sectores educativos e dos correspondentes censos electorais.
  • Solicitude ao Concello e ANPA da designación dos seus representantes.
  • Envío de circular ás familias coa convocatoria do sector de pais/nais ou representantes legais.

ACTA DA CONSTITUCIÓN E ACORDO DO CALENDARIO

 

CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DOS PAIS/NAIS/REPRESENTANTES LEGAIS

 CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PROFESORADO

 CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

27 de outubro de 2016, xoves:

  • Sorteo público, ás 12:00 h, para a designación dos membros da Xunta Electoral.
    • Un/unha representante dos pais/nais ou titores legais.
    • Un/unha representante do profesorado.
    • Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

¿QUE É O CONSELLO ESCOLAR?

O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan os distintos membros da comunidade escolar na organización do Centro.

II.- ¿QUEN COMPÓN O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP CARLOS CASARES?

­ A directora, que é a súa presidenta.

­ A xefa de estudos.

­ Cinco profesores/as elixidos/as polo Claustro.

­ Cinco representantes dos pais/nais ou titores legais dos/as alumnos/as (un/unha deles/as proposto/a pola ANPA).

­ Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

­ Un/unha concelleiro/a ou representante do Concello de Xinzo de Limia.

­ A secretaria do centro, que actuará como secretaria do consello.

III.- MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR QUE CORRESPONDE RENOVAR:

­ Catro profesores/as, elixidos polo claustro (3 por 4 anos e 1 por 2 (ausencia)).

­ Tres representantes dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as (2 por 4 anos e 1 por 2 (ausencia)).

­ Un/unha representante dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as proposto/a pola ANPA.

­ Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

­ Un concelleiro/a ou representante do concello.

IV.- ¿CALES SON AS COMPETENCIAS DO CONSELLO ESCOLAR?

Art. 127 da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE): Lei 8/2013 de 9 de decembro (BOE do 10)

a. Avaliar os proxectos e normas aos que se refire o Capítulo II do Título V da LOMCE

b. Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.

c. Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d. Participar na selección do director/-a do centro nos termos que a LOMCE establece: Ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do/-a director/-a. 

e. Informar sobre a admisión de alumnos/-as, segundo o establecido na LOMCE e as disposicións que a desenvolvan.

f. Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director/-a correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores legais, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, de ser o caso, as medidas oportunas.

g. Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación polas causas a que se refire o art. 84.3 da LOMCE, a resolución pacífica de conflitos, e a prevención da violencia de xénero.

h. Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e informar a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no art. 122.3

i. Informar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

j. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

k. Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

l. Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa. 

“VII Abraço ao río Lima” en Ponte da Lima

Actividade que se vai a desenvolver os vindeiros días 18 e 19 de OUTUBRO e que participarán alumnado do Centro Educativo das Lagoas e da Escola básica Nª 1 de Ponte de Lima xunto con outros centros educativos da comarca portuguesa, xunto con alumnado de 4º de EP do CEIP Rosalía de Castro e do CEIP Carlos Casares.

Sobre 1000 alumnos e alumnas compartirán dúas xornadas de convivencia en torno ao río Limia, que irmá as localidades de Ponte da Lima e Xinzo de Limia.

VII ABRAZO on PhotoPeach

VII ABRAZO PONTE DA LIMA on PhotoPeach

PROGRAMA  VII ABRAZO AO RÍO LIMA

Día 18 de outubro de 2016

08.00 (hora española)Saída desde o CEIP Carlos Casares

09h30  (hora portuguesa) Concentración dos Participantes no Recinto da Expolima 

10h00m - Recepción dos participantes e convidados, na Expolima, polo Executivo Municipal, Entidades dentro do ámbito do Protocolo de cooperación celebrado entre o Municipio de Ponte de Lima e Municipio de Xinzo de Limia; Dirección Agrupación de Escolas António Feijó; Dirección Agrupación de Escolas de Arcozelo; Dirección de Agrupación de escolas de Ponte da Barca e representantes das escolas de Xinzo do Limia) 

                 - Actuación da Academia de Música Fernandes Fão

                - Actuación das clases da escola EB1 de Ponte de Lima “Himno de Ponte de Lima”

              -  Anuncio da institución vencedora no ámbito do concurso “Barco do río” que irá desprazarse a Xinzo do Limia, o ano de 2017, no ámbito do protocolo estabelecido entre o Municipio de Ponte de Lima e o Municipio de Xinzo do Limia

            - Escenificación da Peza de Teatro “Lenda do Río Lima” polo Centro Educativo das Lagoas (Clase L4A e L4B) en dirección ás marxes do río, onde todas as institucións se deben colocar (mediante mapa fornecido) 

11h45m| VII Abrazo ao Río Lima (colocación nas marxes do río) 

12h30m| Xantar das escolas de Xinzo do Limia, Escola da EB1 das Lagoas e da agrupación de escolas de Ponte da Barca na Escola Básica de Ponte de Lima

14h00m| Visita do Centro Histórico ata ao Festival Internacional de Xardíns  - Visita aos Xardíns Escolinhas 

16h00m| Saída para o Centro de Interpretación Ambiental, visita ao Centro de Información do río Lima.

16h30m Mereenda

18h00m - Instalación no albergue e Centro de Acolhimento (escolas de Xinzo do Limia)

               - Regreso á Institución de Ensino dos alumnos da agrupación de Escolas de Ponte da Barca; Centro Educativo das Lagoas e a escola básica Ponte de Lima.

20h00m - Cea no Centro Educativo das Lagoas (participantes de Xinzo do Limia e unha clase do Centro Educativo das Lagoas)

23h00m -  Recoller

Día 19 de outubro de 2016

07h00m -  Comezo do día

07h30m -  Almorzo (participantes de Xinzo do Limia)

8h30m - ½ Día en Mundo Rural (participantes de Xinzo do Limia)

13h30m - Xantar - Centro Educativo das Lagoas 

15h00m - Visita á Foz do Ría Lima (Monte de Santa Lucía/ Praia do Cabedelo) 

17h00m -  Merenda

18h00m - Fin das Actividades

19.30-20.00 (aprox, hora española) Chegada ao CEIP Carlos Casares

Máis información en: 

 http://www.cm-pontedelima.pt/evento.php?id=1975

http://www.dendealimia.com/articulo/novas/grupo-escolares-xinzo-participan-no-abrazo-rio-limia-ponte-da-lima/20161019141007007954.html

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Hoxe na escola tivemos un interesante e divertido  obradoiro "O sabor da aventura está no mar " , dirixido por Luis ,o pescador;Doña Mariña,a cociñeira e a científica Balbina e que tivo como protagonistas aos ARROASES ...O obxectivo deste obradoiro era dar a coñecer a importancia dos productos do mar na dieta , en relación coas achegas nutritivas e fomentar o seu  consumo. Así como a entrega dunha carta de compromiso e agasallos para tod@s
 
 
 
 Participaron 5º,6º de infantil e 1º,2º,3º e 4º de primaria.

Autorización excepcional de ampliación de prazas 2016/2017. Comedor

Autorizada a ampliación de comensais de comedor co nº de 258 alumnos/as, 273 en total, só para o 2016/2017. 

Listaxe de alumnado definitivo.Comedor 2016/17

Publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido do servizo de comedor 2016/17.

Listaxe de alumnado admitido

Listaxe de solicitudes pendentes de autorización

Nº de usuarios de comedor: 252 alumnos/as e 267 en total

O 3 de outubro poderán acceder ao comedor todos os que consten na lista definitiva. 

Lista de solicitudes pendentes de autorización: solicitouse un aumento de prazas á Consellería. Comunicarase cando este alumnado pode acceder ao comedor.

SERVIZO DE COMEDOR 2016/2017

Corrección de erros

Detectados erros na lista definitiva, realizase as seguintes modificacións:

 Posto 221 no que aparece “Ainhoa” debe constar Ainhoa López García.

 “Posto 94 LÓPEZ ARROJO, EIDEN”, renuncia ao servizo de comedor.

 “Ilie, Doina Petruta” que consta na lista de solicitude pendentes de autorización engádese á lista de alumnado definitivo co nº 252.

 

Xinzo de Limia, 3 de outubro de 2016

MÚSICA NO COLEXIO

Hoxe tivemos a oprtunidade de coñecer un pouco máis os instrumentos musicais grazas á visita da Escola de Música de Xinzo de Limia ao noso centro.

Alumnos deste centro, ex alumnos e os seus compañeiros/as ensináronos os instrumentos de corda, vento e percusión nun percorrido que espertou gran interese no nosos cativos e cativas.

Grazas á Escola de Música por darnos esta oportunidade e volvede pronto!!!

 

1ª CONVIVENCIA INTERESCOLAR DE EDUCACIÓN VIAL

O xoves, 29 de setembro, celebraremos a I Convivencia Interescolar de Educación Viaria, na que participarán os centros escolares da Limia, cos alumnos/as  6º de Infantil, 1º, 2º, 3º,4º de primaria.

Os actos comezarán ás 10 da mañá no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia onde aos que asistirán os nenos premiados, directores/as dos centros os pais e familiares.

No concurso de carteis para esta primeira convivencia foron premiados alumnos/as dos colexios de: Carlos Casares, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio.

Posteriormente terase a presentación do Camiño Escolar.

Haberá entrega de:

  • premios e medallas aos nenos/as no Concello  polos debuxos que realizaron para o cartel e polo deseño da imaxe "Prudencia" do Camiño escolar. 

1 alumno de 2º de primaria e 3 alumnos e alumnas de 6º de infantil.

 

Mentres se realiza este acto, o alumnado dirixirase á chaira do Pavillón de Deportes, onde estarán a esperar as distintas actividades da Garda Civil de Tráfico.

Participan: Protección Civil, Garda Civil de Tráfico, Helicóptero Pegassus da DXT, coches, motos furgóns, o posto de mando da AXEGA e a Policía Local.

Rematará sobre as 13.30 horas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut