Skip to Content

GAÑADORES DO CONCURSO CHEFS SAUDABLES

 

 

A organización do Certame Chefs Saudables 2017-2018 quere agradecer o éxito de participación no mesmo, fruto do traballo e a colaboración. En primeiro lugar, queremos felicitar e recoñecer a participación do alumnado que nos deleitou cos vídeos das súas receitas saudables. Pouco a pouco imos conseguindo que os hábitos de alimentación saudables sexan coñecidos e practicados polos nosos cativos.

 

 

 

 

 Os nenos recibiron como agasallo

1. Levar o 3º premio

2. Un kit de ocio saudabale ( unha mochila con camiseta,raquetas de pimpón,unha gorra,cepillo e pasta de dentes).

3. Un diploma

4. Un tentempié

CAMIÑO ESCOLAR SEGURO.MULTAS SIMBÓLICAS

Os nenos de 4 anos de educación infantil participaron na actividade" Imposición de multas simbólicas" dentro do proxecto Mobilidade sostible e segura.

Foi unha actividade moi participativa na que os cativos disfrutaron e aprenderon educación vial fora das aulas.

 

 

 

 

 

 

 

CONTACONTOS NA CASA DA CULTURA DE XINZO DE LIMIA

Os nenos de 2º de primaria foron hoxe á casa de Cultura de Xinzo de Limia para escoitar a Celtia Figuieras co seu conto titulado

Contos de Primavera

AXUDAS Á COMPRA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR OU ACCEDER AO FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO 2018/2019

AXUDAS Á COMPRA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR OU ACCEDER AO FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO 2018/2019

As familias dispoñen de prazo ata o 22 de xuño para presentar neste centros educativo as correspondentes solicitudes.

Premer no PDF para descargar a solicitude

 

 DESTINATARIOS

 

 

  • Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. A asignación de libros de texto correspondente a estes cursos, farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.                                                                                                                       Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto.
  • O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial.
    •  Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros
    •  Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 euros: 90 euros
  • A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Normativa: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

MARCHA DO DÍA DA BICICLETA

Estimadas familias,

Con motivo da celebración de día da bici no noso centro pensamos na seguinte proposta:

Este venres 11 de maio a partir das 12:15h percorrido polas seguintes rúas:

Marcelo Macías,Sargento Rodríguez,Curros Enríquez

Organización:

Os alumnos/as traerán das súas casas( os de Xinzo facendo uso das mesmas e aos de transporte traeranllas os seus pais/nais,ben o memo día ou ben o anterior).Aparcarannas no aparcadoiro de coches.Estarán sinaladas as zonas por niveis.

Os alumnos/as que non puideran traer a súa bicicleta negociarán con algún compañeiro/a da súa aula para que lla presten.Entón,estes alumnos/as farán o percorrido co seguinte curso cando xa estén de volta os da súa clase.

Todos os nenos/as deberían de traer casco por seguridade.

 

CONCURSO "UNHA CUBERTA PARA Mª VICTORIA MORENO"

BASES

1. DESTINATARIOS E CATEGORÍA:

Alumnado dos centros escolares da comarca da Limia en dúas categorías de idade:

a.PRIMARIA:Participantes de entre 6 e 11 anos de idade.

b.SECUNDARIA:Participantes de entre 12 e 15 anos de idade.

 

2.FINALIDADE E FORMATO:

A finalidade do concurso é deseñar a cuberta dun libro infantil ou xuvenil de María Victoria Moreno dende a mirada dos participantes.

 

3.MODO DE ENVÍO E PRAZO DE RECEPCIÓN:

A convocatoria estará aberta do 9 de abril ao 10 de maio de 2018.

 

Estas foron as gañadoras:

1º Premio

AROA JOGA CUQUEJO coa obra "GUEDELLAS DE SEDA E LIÑO"

2º Premio

PAULA LAGO FERNÁNDEZ coa súa portada "AS LINGUAS DE ESPAÑA"

 

Distribuir contido


by Dr. Radut