Skip to Content

INFORMACIÓN CASOS POSITIVOS COVID-19 NO CENTRO EDUCATIVO.

Ante un caso positivo por Covid-19 no centro educativo (de alumnado e/ou persoal docente), queremos aclarar o protocolo que se segue:

- Cando sanidade detecta un caso positivo, traslada a información á autoridade sanitaria.

- A Xefatura Territorial de Sanidade abre un expediente co caso e compárteo co centro educativo a través da aplicación "Educovid".

- O Equipo Covid do centro recibe unha notificación (a través de: conta de correo do centro, contas persoais do correo corporativo e SMS nos teléfonos móbiles) na que se informa dun novo expediente.

- O Equipo Covid do centro accede ao expediente para introducir e seleccionar os contactos máis estreitos do alumnado/profesorado afectado.

Na aplicación indícase claramente que "NON SE NOTIFIQUE ningún posible contacto ata recibir instrucións da autoridade sanitaria sobre os casos concretos a seleccionar".

Unha vez introducidos ditos casos concretos, notifícase á autoridade sanitaria a través da propia aplicación.

É a administración sanitaria quen se pon en contacto cos casos concretos e decide as medidas que se deben tomar, tanto no que se refire aos membros do centro afectados (alumnos/as, profesores/as...) como ao mesmo centro (corentenas, peche de aula/s...).

- En ningún caso o Equipo Covid do centro pode avisar ás familias afectadas (de ser o caso) antes de que dito expediente estea aberto e comunicado.

O centro non pode abrir pola súa conta ningún expediente.

Aínda que se teña coñecemento antes por outros medios que pola aplicación "Educovid", non podemos poñer en marcha ningunha acción ata que se nos indique polo protocolo explicado nas liñas anteriores.

Moitas grazas.

O Equipo Directivo.



book | by Dr. Radut